Un monopsonio (do grego mono- 'único' e psonios 'compra') é unha situación de fallo de mercado que aparece cando nun mercado existe un único consumidor, no canto de varios. Este, ao ser único, ten un control especial sobre o prezo dos produtos, pois os produtores teñen que adaptarse dalgún xeito ás esixencias do comprador en materia de prezo e cantidade. Isto permítelle ao consumidor obter os produtos a un prezo menor ao que tería que pagar se estivese nunha situación de competencia perfecta. Un exemplo claro de monopsonio é a obra pública, na que existe unha situación normal de competencia entre os produtores (empresas construtoras), pero un só consumidor (o Estado).
Véxase tamén Outros artigos
Oligopsonio
Monopolio Oligopolio Duopolio Competencia perfecta Competencia monopolística
Categoría:Economía