Hixinio Puentes Novo, nado no Porto do Barqueiro (Mañón) en 1952, é un mestre de profesión e investigador da historia do seu concello, escritor e autor de diversos estudos relacionados co mundo do mar. Desde 2022 é cronista oficial de Mañón.

Traxectoria Como escritor, trata temas de novela e investigación histórica, en lingua galega e castelá. Como investigador destacan os seus estudos sobre a costa norte de Galiza como o centrado nos naufraxios acontecidos na provincia marítima de Ferrol ou sobre a galerna de 1961. Colabora en publicacións como a revista de estudos locais Terras do Ortegal, onde publico "A gavela das Grañas no primeiro terzo dó século XIX".

En base aos seus méritos e concentración de investigación no seu concello, en 2015 foi proposto no pleno da Corporación como Cronista Oficial do concello de Mañón por parte do grupo municipal do PSOE, sen que o PP, que goberna o municipio hai anos levase adiante a proposta. En 2018 a asociación Nordés reiterou a solicitude, que tampouco tivo resposta. En xuño de 2021 o PP e o PSOE acordaron o seu nomeamento, de xeito que finalmente en decembro do mesmo ano foi nomeado como cronista oficial, se ben non tomou posesión do cargo ata o 7 de xaneiro do ano seguinte, 2022.

Obra Narrativa O bandido Casanova (Xerais, 2000). Aguillóns de Ortegal (Xerais, 2005). Novela que dá conta, en forma de relato autobiográfico, do mariñeiro Fonseca. Monbars, o Exterminador (Xerais, 2006). É unha novela ambientada no século XVII que ten como protagonista o pirata francés do mesmo nome. A do vinte e un (Sotelo Blanco, 2010). Winnipeg (Xerais, 2013). Na que recrea a historia de Manuel Pita Armada.

Ensaio Os naufraxios da Galicia norte. I e II, (Edicións Lea, Santiago, 2003, 2005). A galerna de 1961 (Edicións Lea , 2006), ISBN 84-95444-64-X Matrícula de Bilbao. Investigación sobre grandes buques bilbaínos.

Premios Premio Pastor Díaz no 1999, por O bandido Casanova. Accésit do Premio de Xornalismo David Fojo no 1999, cunha serie de artigos publicados en La Voz de Ortigueira. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa en 2006, por Monbars, o Exterminador. Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2009, por A do vinte e un.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Mañón Categoría:Nados en 1952 Categoría:Cronistas de Mañón Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes