Alegranza é un dos illotes do Arquipélago Chinijo, ao norte de Lanzarote, a beiras do océano Atlántico. Administrativamente pertence ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, Illas Canarias, España.

Descrición miniatura|esquerda|Fotografía de satélite da illa Alegranza Forma parte do Parque Natural do Arquipélago Chinijo e da Reserva Integral dos Illotes. É a máis setentrional do arquipélago Chinijo e de todas as illas Canarias. Ten unha superficie de 10,30 km², 2005) e non está habitada. O faro de Punta Delgada, na parte oriental do illote, foi declarado Ben de Interese Cultural o 20 de decembro de 2002.

A paisaxe está caracterizada, desde o punto de vista xeolóxico, pola presenza do grande edificio volcánico que constitúe a Caldera de Alegranza, cun cráter de 1,1 km de diámetro e unha altura de 289 msnm.

A abundancia de pesca permite que aniñen moitas especies de aves. En Alegranza nidifica a pardela cincenta, alcanzando a maior densidade reprodutora das Canarias e de España. No illote tamén se achan as últimas parellas de aguia peixeira (Pandion haliaetus) do arquipélago canario.

No ano 2022 presentouse o estudo "First inventory of marine debris on Alegranza, an uninhabited island in the Northeast Atlantic", publicado no Marine Pollution Bulletin, sobre o lixo que chega ás costas da illa.

A illa pertence á familia Jordán-Martinón, que vive en Masdache (Lanzarote) e Tenerife.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Arquipélago Chinijo