O mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello do Castro de Caldelas.San Paio de Abeleda en Proxecto ARGA.
Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.
A igrexa A igrexa, construída en estilo románico do século XII (con reformas posteriores) é de planta de cruz latina. Componse dunha soa nave con tres corpos, separados cada un deles cun arco de medio punto con arquivoltas adornadas de impostas axadrezadas e capiteis con flores e quimeras. O retablo maior é do século XVII. A igrexa foi obxecto dunha profunda reforma no século XIV, conservándose da fábrica románica unha porta dos séculos XIII-XIV.
A fachada do claustro conventual é de estilo gótico e presenta un arco oxival con decoración de cuadrifolios.
No ano 2005, foi vítima do espolio de varios retablos barrocos e neoclásicos, e algunha columna do antigo claustro conventual."Rouban os seis retablos do antigo mosteiro de San Paio de Abeleda" , artigo en La Voz de Galicia, 11 de xullo de 2005.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía (1989): El monasterio-parroquia de San Payo de Abeleda. Anuario de Estudios Medievales.
Outros artigos Mosteiros e conventos de Galicia
Categoría:O Castro de Caldelas Abeleda