miniatura|Un signario ibérico nororiental non dual (séculos -II, -I miniatura|Un signario ibérico nororiental dual (séculos –IV, -III) miniatura|Chumbo de Ullastret (século -IV) miniatura|Chumbo da Penya del Moro (século -IV) miniatura|Anverso e reverso dun denario da ceca de Barskunes (metade do século -II). Localización indeterminada probabelmente en Navarra A escritura ibérica nororiental (tamén coñecida como levantina ou simplemente ibérica por ser con diferenza a máis usada) é a escritura paleohispánica que foi o vehículo principal de expresión da lingua ibérica, lingua que tamén expresan as inscricións en escritura ibérica suroriental, pero cabe destacar que o valor da maioría de signos destas escrituras non coincide en absoluto, aínda que o repertorio de signos é similar. Aínda así, a hipótese máis aceptada considera que a escritura nororiental deriva directamente da escritura suroriental. Sobre a orixe das escrituras paleohispánicas non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe está directa e unicamente vinculado ao alfabeto fenicio, mentres que para outros na súa creación tamén influiría o alfabeto grego.
Como o resto de escrituras paleohispánicas, esta escritura presenta signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos sistemas de escritura non é nin un alfabeto nin un silabario, senón unha escritura mixta que se identifica normalmente como semisilabario. O signario básico está formado por 28 signos: cinco vocálicos, 15 silábicos e 8 consonánticos (unha lateral, dúas sibilantes, dúas vibrantes e tres nasais). O seu desciframento, culminado o 1922 por Manuel Gómez-Moreno, é practicamente total e baséase principalmente na existencia de numerosas lendas monetarias, algunhas bilingües ou case bilingües, facilmente relacionábeis con topónimos coñecidos polas fontes clásicas. Do signario ibérico nororiental coñécense dúas variantes: a variante dual é case exclusiva das inscricións máis antigas dos séculos -V, -IV e -III e caracterízase polo uso do sistema dual, descuberto por Joan Maluquer de Motes o 1968, que permite diferenciar os silabogramas oclusivos dentais e velares xordos dos sonoros cun trazo engadido de forma que a forma simple representa á sonora e a forma complexa á xorda. A variante non dual é case exclusiva das inscricións máis modernas dos séculos -II e -I.
A escritura ibérica nororiental escríbese moi maioritariamente de esquerda a dereita e usouse fundamentalmente no cuadrante nororiental da Península Ibérica: unha ampla franxa costeira a partir do sur do Languedoc-Rosellón ata Alacant que penetra cara ao interior polo val do Ebro e que corresponde á maior parte dos pobos que as fontes clásicas identifican como iberos (indiketes, ausetanos, laietanos, lacetanos, cosetanos, ilerxetes, ilercavóns, sedetanos, edetanos, contestanos etc.). Os contextos arqueolóxicos máis antigos sitúanas a finais do século -V, mentres que as máis modernas son de finais do século -I, ou quizais de principios do século I. As inscricións nororientais aparecen sobre soportes moi variados (moedas de prata e bronce, láminas de chumbo, cerámicas áticas, cerámicas de verniz negro A e B, cerámicas pintadas, dolias, ánforas, fusaiolas, ronseis e placas de pedra, mosaicos etc.) e é con diferenza o signario paleohispánico máis documentado, uns dous milleiros de inscricións, que representan o 95% do total.
Véxase tamén Bibliografía Correa, José Antonio (1992): «Representación gráfica de la oposición de sonoridad en las oclusivas ibéricas (semisilabario levantino)», AION 14, pp. 253–292. Ferrer i Jané, Joan (2005): «Novetats sobre el sistema dual de diferenciació gràfica de les oclusives sordes i sonores», Palaeohispanica 5, pp. 957–982. Gómez-Moreno, Manuel (1922): «De Epigrafia ibérica: el plomo de Alcoy», Revista de filología española 9, pp. 341–366. Hoz, Javier de (1985): «El nuevo plomo inscrito de Castell y el problema de las oposiciones de sonoridad en ibérico», Symbolae Ludouico Mitxelena septuagenario oblatae, pp. 443–453. Maluquer de Motes, Joan (1968): Epigrafía prelatina de la Península Ibérica, Barcelona. Quintanilla, Alberto (1993): «Sobre la notación en la escritura ibérica del modo de articulación de las consonantes oclusivas», Studia Palaeohispanica et Indogermánica J. Untermann ab Amicis Hispanicis Oblata, pp. 239–250. Rodríguez Ramos, Jesús (2004): Análisis de epigrafía íbera, Vitoria-Gasteiz. Untermann, Jürgen (1990): Monumenta Linguarum Hispanicarum. III Die iberischen Inschriften aus Spanien, Wiesbaden. Velaza, Javier (1996): Epigrafía y lengua ibéricas, Barcelona.
Ligazóns externas La escritura íbera levantina - Jesús Rodríguez Ramos
Categoría:Sistemas de escrita Categoría:Iberia Categoría:Iberos
en:Iberian scripts pt:Escrita Ibérica Levantina ru:Иберское письмо