John Wayne, nado en Winterset (Iowa) o 26 de maio de 1907 e finado nos Ánxeles (California) o 11 de xuño de 1979, coñecido popularmente como The Duke (O Duque) Era chamado Duke polos seus amigos e acreditado como Duke Morrison nas súas primeiras películas. Cando se fai referencia a el en terceira persoa, xeralmente é chamado The Duke., foi un actor estadounidense que comezou a súa carreira no cine mudo da década de 1920, e que acadou posteriormente gran fama no cine sonoro como protagonista de películas do oeste.
Traxectoria dereita|250px
Primeiros anos Ao nacer puxéronlle o nome de Marion Robert Morrison, aínda que os seus pais llo mudaron polo de Marion Michael Morrison cando decidiron chamarlle Robert ao seu seguinte fillo. Foi o primoxénito dunha familia presbiteriana. O seu pai, Clyde Leonard Morrison, era descendente de escoceses e irlandeses, e fillo dun veterano da guerra civil americana, mentres que a súa nai, Mary Alberta Brown, era descendente de irlandeses. En 1911 toda a familia mudouse a Glendale, California. Foron os veciños de Glendale os que comezaron a chamar a Wayne polo alcume Big Duke (Gran Duque) porque estar co seu can, un Airedale Terrier, que se chamaba Little Duke (Pequeno Duque). El prefería Duke a Marion, polo que este nome lle quedou para o resto da súa vida.
Os seus primeiros anos estiveron marcados pola pobreza. Duke era un estudante bo e popular. Alto para a súa idade, foi un xogador estrela de fútbol para a escola secundaria de Glendale, e foi recrutado pola Universidade do Sur de California.
Nesta universidade foi membro dos Trojan Knights, e uniuse á fraternidade Sigma Chi. Duke tamén xogou no equipo de fútbol americano da universidade baixo as ordes do lendario adestrador Howard Jones. Unha lesión sufrida aparentemente mentres nadaba cortou a súa carreira deportiva, e tamén perdeu a súa bolsa de estudos deportiva, polo que non puido finalizar a carreira.
Traxectoria profesional Mentres estaba estudando, Duke comezou a traballar cerca dos estudios de filmación locais. A estrela do cine do Oeste Tom Mix ofreceulle un traballo temporal durante un verán a cambio de entradas para os partidos de fútbol, e Duke pronto comezou a ter pequenos papeis, e fixo amizade co director de cine John Ford. Durante este período, Wayne apareceu xunto cos seus compañeiros de equipo da University of Southern California como xogador de fútbol na película Maker of Men de Columbia Pictures (filmada en 1930 e estreada en 1931), protagonizada por Richard Cromwell e Jack Holt. Na película, o Duke aparece nos créditos como Marion Morrison.
O seu primeiro papel como protagonista foi despois de dous anos de traballo en William Fox Studios, na película The Big Trail de 1930. O director da película, Raoul Walsh (considerado como descubridor seu), deulle o nome artístico de John Wayne polo xeneral da Guerra da Independencia dos Estados Unidos Anthony Wayne. Actores especialistas en escenas de risco ensináronlle a cabalgar, entre outras habilidades empregadas no cine do Oeste.
miniatura|300px|John Wayne en Centauros do deserto.
The Big Trail foi a primeira película do Oeste épica con son, na cal Wayne mostrou as súas habilidades na escena, aínda que despois a película fose un fracaso comercial. Nove anos despois, a súa actuación en A dilixencia converteuno nunha estrela. Entre tanto, realizou varios filmes do Oeste (os máis destacados con Monogram Pictures) e series para Mascot Studios (onde fixo o papel de D'artagnan na serie The Three Musketeers do ano 1933). Ese mesmo ano, Wayne tivo un pequeno papel na exitosa e escandalosa película de Alfred E. Green Baby Face.
A partir de 1928 e durante os 35 anos seguintes, Wayne aparecería en máis de vinte películas de John Ford, entre elas: A dilixencia (1939), A lexión invencible (1949), O home tranquilo (1952), Centauros do deserto (1956) The wings of eagles (1957) e O home que matou a Liberty Valance (1962).
Un dos papeis máis apreciados de Wayne foi en The hight and the mighty (1954), dirixida por William A. Wellman e baseada na novela de Ernest K. Gann. O seu papel de heroico aviador gañou unha ampla aclamación. Island in the sky (1953) está relacionada a esta película, e ambas as dúas foron feitas cun ano de diferenza cos mesmos produtores, director, escritor, editor e distribuidor.
Wayne gañou un Oscar ao mellor intérprete masculino polo seu papel na película Valor de lei (1969). Moitos pensan que o premio lle foi outorgado en recoñecemento aos seus 40 anos de carreira máis que polo seu labor neste filme en particular, xa que tivo mellores actuacións en Río vermello (1948) e en Centauros do deserto (1956). Wayne tamén estivo nomeado como mellor actor en Sands of Iwo Jima, e o filme O Álamo (1960) estivo nomeado para o Oscar ao mellor filme, sendo Wayne director e produtor da mesma. El tamén dirixiu o filme The Green Berets (1968), a única película feita durante a Guerra do Vietnam que mostrou soldados norteamericanos a favor do conflito.
Actividade política Talvez debido á súa gran popularidade, ou á súa posición como o republicano máis famoso de Hollywood, o Partido Republicano propúxolle presentarse como candidato a presidente en 1968. Wayne rexeitou a proposta porque non cría que o público puidese tomar en serio a un actor na Casa Branca. Porén, Wayne apoiou a candidatura do seu amigo Ronald Reagan como gobernador de California en 1966 e en 1970.
Vida privada Wayne estivo casado tres veces, as súas esposas foron Josephine Alicia Sánchez (divorcio 1945), Esperanza Baur (divorcio 1954) e Pilar Palette (con quen seguía casado cando morreu, en 1979). Con Josephine tivo catro fillos, dous varóns e dúas nenas: Michael Wayne (1934 - 2003), Toni Wayne (1936 - 2000) Patrick Wayne (1939), Melinda Wayne (1940) e tres con Pilar: Aissa Wayne (1956) (que escribiu unha memoria da súa vida como filla de John Wayne), Ethan Wayne (1962) e Marisa Wayne (1966).
En 1964 foille diagnosticado un cancro de pulmón, e foi sometido a unha intervención cirúrxica para lle extraer o pulmón esquerdo e dúas costelas. John Wayne finou por mor dun cancro de estómago. O seu corpo foi soterrado no cemiterio Pacific View Memorial Park de Corona del Mar, California. Na súa lápida figura a frase en castelán "Feo, fuerte y formal".
Filmografía (como actor) 1920 Brown of Harvard - 1926 Bardelys the Magnificent - 1926 The Great K & A Train Robbery - 1926 Annie Laurie - 1927 The Drop Kick - 1927 Mother Machree - 1928 Four Sons - 1928 Hangman's House - 1928 Noah's Ark - 1928 Speakeasy - 1929 The Black Watch - 1929 Words and Music - 1929 Salute - 1929 The Forward Pass - 1929
1930 Men Without Women - 1930 Born Reckless - 1930 Rough Romance - 1930 Cheer Up and Smile - 1930 The Big Trail - 1930 Girls Demand Excitement - 1931 Three Girls Lost - 1931 Arizona - 1931 The Deceiver - 1931 Range Feud - 1931 Maker of Men - 1931 The Shadow of the Eagle - 1932 Texas Cyclone - 1932 Two-Fisted Law - 1932 Lady and Gent - 1932 The Hurricane Express - 1932 Ride Him, Cowboy - 1932 That's My Boy - 1932 The Big Stampede - 1932 Haunted Gold - 1932 The Telegraph Trail - 1933 The Three Musketeers - 1933 Central Airport - 1933 Somewhere in Sonora - 1933 The Life of Jimmy Dolan - 1933 His Private Secretary - 1933 Baby Face - 1933 The Man from Monterey - 1933 Os xinetes do destino - 1933 College Coach - 1933 Camiño de Sagebrush - 1933 The Lucky Texan - 1934 O oeste da fronteira - 1934 Blue Steel - 1934 O home de Utah - 1934 Randy cabalga só - 1934 O sementador de estrelas - 1934 'Neath the Arizona Skies - 1934 Texas Terror - 1935 Rainbow Valley - 1935 O sendeiro do deserto - 1935 The Dawn Rider - 1935 O canón do paraíso - 1935 Westward Ho - 1935 The New Frontier - 1935 Lawless Range - 1935 The Oregon Trail - 1936 The Lawless Nineties - 1936 King of the Pecos - 1936 The Lonely Trail - 1936 Ventos do ermo - 1936 Sea Spoilers - 1936 Conflict - 1936 California Straight Ahead! - 1937 I Cover the War - 1937 Idol of the Crowds - 1937 Adventure's End - 1937 Born to the West - 1937 Pals of the Saddle - 1938 Overland Stage Raiders - 1938 Santa Fe Stampede - 1938 Red River Range - 1938 A dilixencia (Stagecoach) - 1939 The Night Riders - 1939 Three Texas Steers - 1939 Wyoming Outlaw - 1939 New Frontier - 1939 Allegheny Uprising - 1939
1940 Dark Command - 1940 Three Faces West - 1940 The Long Voyage Home - 1940 Seven Sinners - 1940 A Man Betrayed - 1941 Lady from Louisiana - 1941 The Shepherd of the Hills - 1941 Lady for a Night - 1942 Reap the Wild Wind - 1942 The Spoilers - 1942 In Old California - 1942 Flying Tigers - 1942 Pittsburgh - 1942 Reunion in France - 1942 A Lady Takes a Chance - 1943 In Old Oklahoma - 1943 The Fighting Seabees - 1944 Tall in the Saddle - 1944 Flamme of Barbary Coast - 1945 Back to Bataan - 1945 They Were Expendable - 1945 Dakota - 1945 Without Reservations - 1946 Anxo e demo (Angel and the Badman) -1947 Tycoon - 1947 Fort Apache - 1948 Río vermello (Red River) - 1948 3 Godfathers - 1948 Wake of the Red Witch - 1948 The Fighting Kentuckian - 1949 A lexión invencible (She Wore a Yellow Ribbon) - 1949 Sands of Iwo Jima - 1949
1950 Rio Grande - 1950 Operation Pacific - 1951 Flying Leathernecks - 1951 Miracle in Motion - 1952 O home tranquilo (The Quiet Man) - 1952 Big Jim McLain - 1952 Trouble Along the Way - 1953 Island in the Sky - 1953 Hondo - 1953 The High and the Mighty - 1954 O raposo dos océanos (The Sea Chase) - 1955 Calexón sanguento (Blood Alley) - 1955 "Screen Directors Playhouse" - 1 episodio, 1955 O conquistador (The Conqueror) - 1956 Centauros do deserto (The Searchers) - 1956 The Wings of Eagles - 1957 Jet Pilot - 1957 Legend of the Lost - 1957 I Married a Woman - 1958 O bárbaro e a gueixa - 1958 Río Bravo (Rio Bravo) - 1959 Misión de audaces - 1959
1960 O Álamo (The Alamo) - 1960 North to Alaska - 1960 "Wagon Train" - 1 episodio de 1960 Os comancheiros (The Comancheros) - 1961 O home que matou a Liberty Valance - 1962 Hatari! - 1962 The longest day - 1962 "Alcoa Premiere" - 1 episodio de 1962 A conquista do Oeste (How the West Was Won) - 1962 A taberna do irlandés - 1963 McLintock!- 1963 Circus World - 1964 The Greatest Story Ever Told - 1965 In Harm's Way - 1965 The Sons of Katie Elder - 1965 Cast a Giant Shadow - 1965 El Dorado - 1967 The War Wagon - 1967 The Green Berets - 1968 Hellfighters - 1969 Valor de lei (True Grit) - 1969 The Undefeated - 1969
1970 Chisum - 1970 Río Lobo (Rio Lobo) - 1970 O gran Jake (Big Jake) - 1971 John Wayne e os cowboys (The Cowboys) - 1972 Ladróns de trens - 1973 (The Train Robbers) A soga da forca (Cahill U.S. Marshal) - 1973 McQ - 1974 Brannigan - 1975 O rifle e a Biblia (Rooster Cogburn) - 1975 The Shootist'' - 1976
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Actores de Iowa Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados en Iowa Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar ó mellor actor