Vielha e Mijaran (en catalán: Viella i Mitjaran) é un municipio e localidade española situada na provincia de Lleida. É a capital comarcal do Val de Arán.
Limita ao norte co municipio de Canejan, ao noroeste e leste co municipio de Naut Aran, ao sur co municipio de Vilaller, ao oeste con Francia (departamento de Alto-Garona) e co municipio de Es Bòrdes, ao noroeste cos municipios de Vilamòs e Les.
Está situada a beiras do río Garona, a 980 metros de altura, e ten 5.633 habitantes (2008). É un centro turístico de primeira orde xa non só pola vila, senón pola contorna natural do Val de Arán e as estacións de esquí entre as que destaca Baqueira Beret.
Este municipio formouse nos anos 70 do século XX pola unión das vilas de Arròs e Vila, Betlan, Escunhau, Gausac, Vielha e Vilac.
Entidades de poboación Arròs, 103 hab. Aubèrt, 122 hab. Betlan, 34 hab. Betren, 483 hab. Casarilh, 74 hab. Casau, 100 hab. Escunhau, 105 hab. Gausac, 566 hab. Mont, 28 hab. Montcorbau, 18 hab. Vielha, 3.156 hab. Vila, 31 hab. Vilac, 200 hab.
Sitios de interese miniatura|150px|dereita|Igrexa de Sant Miquèu. A Igrexa de Sant Miquèu, con elementos románicos e góticos (destaca a portada), nela atopamos o Cristo de Mijaran, talla románica considerada a principal mostra escultórica do Val de Arán. O Musèu dera Val d'Aran, instalado na Tor deth Generau Martinhon, casa señorial do século XVII que exhibe varios aspectos e elementos da xeoloxía, a vexetación, a fauna, a climatoloxía, a historia, a arqueoloxía, a arte, a lingua e a etnoloxía do val. Varias casas e pazos da zona vella de Vielha, como Çò de Rodés, Çò de Fedusa ou Çò de Burgaròl. A Fabrica dera Lan, edificio do século XIX adicado a mostrar a antiga industria da la. O Parador de Vielha, no monte Eth Castèth, construído en 1966. O Palai de Gèu, moderno polideportivo e pista de xeo, construído en 1994 e inaugurado polo entón presidente da Generalitat de Cataluña, Jordi Pujol.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Vielha e Mijaran