Mimas é unha lúa de Saturno que foi descuberta no ano 1789 por William Herschel. O seu nome fai referencia a Mimas, fillo de Gaia dentro da mitoloxía grega, é tamén designado coma Saturno I. Cun diámetro de 396 km é a vixésima lúa máis grande do Sistema Solar e é o corpo astronómico máis pequeno que posúe unha forma esférica grazas á súa propia gravidade.

Descubrimento

Mimas foi descuberta polo astrónomo William Herschel, o 17 de setembro de 1789. Anotaría o seu descubrimento do seguinte xeito:: "Unha gran luz no meu telescopio de corenta pes era tan rechamante que o 17 de setembro de 1789, catalogueina coma o sétimo satélite, situado daquela na súa posición máis occidental."Herschel, William Philosophical Transactions of the Royal Society of London, Vol. 80, reported by

Nome

Mimas recibe o seu nome do Titán da mitoloxía grega, Mimas. Os nomes dos sete satélites de Saturno que se coñecían naquelas datas foron suxeridos polo fillo de William Herschel, John Herschel, na súa publicación do ano 1847 Results of Astronomical Observations made at the Cape of Good Hope.Tal coma informou William Lassell en Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 8, No. 3, pp. 42–43 (14 de xaneiro de 1848) Bautizou os satélites con nomes de Titáns por que Saturno, que na mitoloxía grega está asociado con Cronos, era o líder dos mesmos e nalgún tempo foi gobernante do mundo.

Características físicas

left|miniatura|240px|Vista do hemisferio de vangarda de Mimas tomada dende a Cassini, pódese aprecia-los cráteres de ata 6 km de profundidade e as chasmata (fisuras ou dorsais) dun 1 km de fondo. O cráter grande que está preto do centro é Morgan; Arthur está preto do terminador, abaixo cara a dereita. Pelion Chasma é o grupo de liñas de fendas pouco visibles que corren en horizontal por debaixo de Morgan.

A área de superficie de Mimas é un pouco menor cá superficie de España. A baixa densidade de Mimas, 1,15 g/cm ³, indica que está composto principalmente de xeo de auga, con só unha pequena cantidade de rocha. Debido ás forzas gravitacionais que actúan sobre ela, a lúa non é perfectamente esférica, o seu eixo máis longo é preto dun 10% máis grande có eixo máis curto. A forma elipsoidal de Mimas é especialmente visible en imaxes recentes da sonda Cassini.

O accidente xeolóxico máis característico de Mimas é un xigantesco cráter de impacto de 130 km de diámetro, que recibiría con posterioridade o nome do descubridor da lúa, o cráter Herschel. O diámetro deste cráter é aproximadamente un terzo do diámetro da propia lúa; as súas paredes teñen aproximadamente 5 km de alto, algunhas partes do chan acadan os 10 km de profundidade, e o seu pico central elevase 6 km por riba do chan do cráter. Se existise un cráter equivalente na Terra, este tería uns 4.000 km de diámetro, máis ancho que Australia. O impacto que xerou este cráter debeu estar moi preto de esnaquizar Mimas: pódense ver facturas nas antípodas do cráter, as cales posiblemente foron creadas polas ondas de choque que atravesaron a lúa e que se concentraron na parte oposta ó impacto.

A superficie de Mimas está saturada de pequenos cráteres, pero ningún é comparable ó tamaño de Herschel. Aínda que Mimas está moi craterizada, a presenza dos cráteres non é uniforme. A meirande parte da superficie ten cráteres que poden supera-los 40 km de diámetro, pero na rexión do polo sur, non hai practicamente cráteres de máis de 20 km de diámetro.

miniatura|Mapa de Mimas

Hai tres tipos de accidentes xeolóxicos oficialmente recoñecidos en Mimas: cráteres, chasmata (facturas ou dorsais) e catenae (cráteres en cadea).

Resonancias orbitais

Hai varios fenómenos nos aneis de Saturno que están relacionados con resonancias con Mimas. Mimas é a responsable de limpa-lo material da División Cassini, o espazo entre os dous aneis máis anchos de Saturno, o Anel A e o Anel B. As partículas do Espazo de Huygens, a parte máis interior da división Cassini están nunha resonancia de 2:1 con Mimas. Orbitan dúas veces por cada órbita de Mimas. Os repetidos empurróns que ocasiona Mimas sobre as partículas da división Cassini, sempre na mesma dirección, obriga a estas a facer novas órbitas fora da división. A fronteira entre os aneis C e B está nunha resonancia orbital de 3:1 con Mimas. Recentemente descubriuse que o Anel G está nunha resonancia excéntrica rotacional de 7:6 con Mimas; a parte máis interior do anel está uns 15.000 km dentro da órbita de Mimas.

Mimas tamén está nunha resonancia de 2:1 coa lúa moito máis grande, Tetis, e nunha resonancia 2:3 coa lúa pastor exterior do Anel F, a lúa Pandora.

Exploración

A Pioneer 11 sobrevoou Saturno no ano 1979, e a súa máxima aproximación a Mimas foi de 104.263 km o 1 de setembro dese mesmo ano. A Voyager 1 sobrevoou o planeta no ano 1980, e a Voyager 2 no 1981. Mimas foi fotografada numerosas veces polo orbitador da sonda Cassini, a cal chegou a órbita de Saturno no ano 2004. A súa maior aproximación a Mimas ocorreu o 13 de febreiro do 2010, cando a Cassini se achegou a 9.500 km da lúa.

Estrañas semellanzas Dende algúns ángulos, Mimas asemellase á Death Star (a Estrela da Morte), a estación espacial do filme de ciencia ficción A guerra das galaxias, a cal se lle outorga no filme uns 140 km de diámetro. Esta semellanza tena súa orixe no cráter Herschel que se asemella ó disco cóncavo do superláser da Death Star. Está semellanza é unha pura coincidencia, xa que filme foi feito case tres anos antes de que o cráter Herschel fose descuberto.

No ano 2010, a NASA editou un mapa da temperatura de Mimas, usando imaxes obtidas pola Cassini. As rexións máis quentes, as cales están nun lado do canto da lúa, crean unha forma moi semellante a icona do vídeo xogo Pac-Man (Comecocos).

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Herschel Tetis

Ligazóns externas Cassini mission page – Mimas Mimas Profileat NASA's Solar System Exploration site The Planetary Society: Mimas Mimas page at The Nine Eight Planets Views of the Solar System – Mimas Cassini images of Mimas Images of Mimas at JPL's Planetary Photojournal Paul Schenk's Mimas blog entry and movie of Mimas's rotation on YouTube Mimas global and polar basemaps (Xuño de 2012) from Cassini images Mimas atlas (xullo de 2010) from Cassini images Mimas nomenclature and Mimas map with feature names from the USGS planetary nomenclature page Figure "J" is Mimas transiting Saturn in 1979, imaged by Pioneer 11 from here

Categoría:Mimas