O 20 de setembro é o 263º día do ano do calendario gregoriano e o 264º nos anos bisestos. Quedan 102 días para finalizar o ano.
Acontecementos 451 - Algúns historiadores datan nesta xornada a batalla dos Campos Cataláunicos, na que Flavio. Aecio dirixe ás tropas romanas e visigodas na súa vitoria contra os exércitos hunos e aliados de Atila. 1187 - Saladino comeza o sitio de Xerusalén. 100px|miniatura|Fernando de Magallanes 1519 - Fernando de Magallanes sae de Sanlúcar de Barrameda comezando deste xeito a viaxe que daria a primeira volta o Mundo 1596 - En México, Diego de Montemayor funda a cidade de Monterrey. 1937 - Toma de Peña Blanca, na guerra civil española 1977 - Lanzamento da sonda espacial Voyager 2 dende cabo Cañaveral.
Nacementos miniatura|100px|James Dewar miniatura|100px|Sophia Loren 1486 - Artur Tudor, príncipe de Gales (m. 1502). 1833 - Ernesto Teodoro Moneta, pacifista italiano, Premio Nobel da Paz en 1907 (m. 1918). 1840 - August Leskien, lingüista e filólogo alemán (m. 1916). 1842 - James Dewar, químico e físico británico (m. 1923). 1846 - Benigno Teijeiro Martínez, escritor e historiador galego (m. 1925). 1896 - Ricardo García Lago, sindicalista e político galego. 1899 - Leo Strauss, filósofo xermano-estadounidense (m. 1973). 1900 - Humberto de Alencar Castello Branco, militar e político brasileiro, presidente do Brasil 1964-1967 (m. 1967). 1903 - Alexandre Deulofeu Torres, político e filósofo catalán (m. 1978). 1917 - Fernando Rey (Fernando Casado Arambillet), actor galego (m. 1994). 1917 - Red Auerbach, adestrador de baloncesto estadounidense (m. 2006). 1925 - Ananda Mahidol, rei de Tailandia (m. 1946). 1933 - Enrique de la Mata Gorostizaga, político español (m. 1987). 1934 - Sophia Loren (Sofia Villani Scicolone), actriz italiana, Premio Óscar honorario en 1991. 1940 - Xavier del Valle (Xavier González y González del Valle), músico galego. 1948 - George R. R. Martin, escritor estadounidense. 1951 - Javier Marías Franco, escritor español, Premio da Crítica en 1992. 1952 - José Manuel Zelaya Rosales, político hondureño, presidente de Honduras 2006-2008. 1955 - Miguel Anxo Fernández Fernández, escritor e investigador cinematográfico galego. 1971 - Sergio Luyk Torre, baloncestista español (m. 2008). 1971 - Henrik Larsson, futbolista e adestrador sueco. 1975 - Juan Pablo Montoya, piloto colombiano de Fórmula 1. 1981 - Roberto Pascual Rodríguez, dramaturgo e investigador teatral galego.
Mortes miniatura|100px|Jean Sibelius. 1863 - Jacob Grimm, lingüista alemán, un dos irmáns Grimm (n. 1785). 1908 - Nicolás Salmerón Alonso, político e filósofo español, presidente da Primeira República Española (n. 1838). 1908 - Pablo Sarasate, violinista e compositor español (n. 1844). 1919 - Ramón Barros Luco, político chileno, presidente de Chile 1910-1915 (n. 1835). 1936 - Pedro Guimarey, escritor, xornalista e político galego (n. 1906). 1936 - Rudesindo Fernández Vilor, político galego, alcalde de Becerreá. 1940 - Lino Tejada Rodríguez, policía e político galego (n. 1901). 1945 - Augusto Tasso Fragoso, presidente do Brasil (n. 1869). 1957 - Jean Sibelius, compositor finlandés (n. 1865). 1958 - José Rodríguez de Vicente, xornalista e actor galego (n. 1895). 1971 - Giorgos Seferis, poeta grego, Premio Nobel de Literatura en 1963 (n. 1900). 1975 - Saint-John Perse, poeta e diplomático francés, Premio Nobel de Literatura en 1960 (n. 1887). 1979 - Ludvík Svoboda, presidente de Checoslovaquia (n. 1895). 1985 - Ernest Nagel, filósofo da ciencia estadounidense (n. 1901). 1996 - Paul Erdős, matemático húngaro (n. 1913). 2005 - Simon Wiesenthal, arquitecto e investigador cazanazis ucraíno (n. 1908). 2006 - Sven Nykvist, director de fotografía sueco (n. 1922).
Festas e celebracións Día Mundial da Limpeza
Outros Santoral: Santa Fausta.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Setembro