A illa Scrub (en español antigamente Isla AnguilitaGonzalo de Murga y Mugartegui. 1863. Derrotero de las Islas Antillas y de las costas orientales de América.) é a segunda illa en tamaño do arquipélago de Anguila, no mar Caribe, localizado concretamente ao noroeste da illa de Anguila, un territorio británico de ultramar no Caribe. Posúe unha superficie de 7.8 km² e atópase deshabitada.
Pódese chegar facilmente en barco. De propiedade privada, aínda existen os restos dun campo de aviación. Hai varias casas abandonadas na illa, principalmente debido aos danos causados polos furacáns. Non hai electricidade nin auga corrente.
Fauna
A illa foi declarada como área importante para a conservación das aves pola BirdLife International, principalmente debido á aniñación de aves mariñas. Como a gaivota chorona americana, o carrán real, o carrán rosado e o carranciño. Os paxaros terrestres residentes inclúen a Eleania martinica e o Margarops fuscatus. As cinco especies de réptiles da illa comprenden os Ameiva plei, Anolis gingivinus, Sphaerodactylus parvus, Sphaerodactylus sputator e a especie ameazada Alsophis rijgersmaei. E a serpe en perigo de extinción alsophis rijgersmaei. Foron rexistradas tartarugas verdes e de coiro. Tamén atópanse cabras e ratas. Habitualmente avístanse baleas ao oeste de Scrub, ao longo da liña costeira sur. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Anguila
Ligazóns externas Exploring Scrub Island
Scrub Categoría:Illas da Anguila Categoría:Illas do Reino Unido Categoría:Anguila