Wide Awake in America é un disco metade en directo e metade en estudo da banda irlandesa U2 publicado o 1 de xullo de 1985, un ano despois do disco The Unforgettable Fire, con motivo da xira deste disco. É un EP con só catro cancións. O disco publicouse baixo a produción de Brian Eno e Daniel Lanois.
Lista de temas "Bad" (en directo) 7:59 "A Sort of Homecoming" (en directo) 4:04 "Three Sunrises" 3:46 "Love Comes Tumbling" 4:41
Categoría:EPs de U2 Categoría:EPs musicais de 1985