Luis Miguélez é un guitarrista, cantante e compositor español, nado en Bembibre o 16 de outubro de 1963. Naceu coa subcultura xurdida da movida madrileña. Estivo vinculado a formacións moi influentes na década dos 80 como Pedro Almodóvar e McNamara ou Alaska y Dinarama. O seu estilo flutuou entre o glam rock ata a música pop, centrándose especialmente na súa faceta de guitarrista. Con diferentes formacións ou en solitario, mantívose en activo ata a actualidade.

Traxectoria Anos 80: Almodóvar y McNamara, Alaska y Dinarama e Fanny y los + Ó comezar os 80, tras abandonar o seu León natal, empezou a súa colaboración co director de cine Pedro Almodóvar e co polifacético Fabio McNamara no dúo cabareteiro Almodóvar y McNamara. Obteñen gran repercusión con cancións como "Voy a ser mamá", "Susan get down" ou "Suck it to me".

Despois desta primeira experiencia intégrase como guitarrista en Alaska y Dinarama, un dos grupos máis influentes da década, cos que edita cinco discos entre 1983 e 1990 ó disolverse a formación. O papel de Miguélez na formación non só se limitaba a tocar a guitarra ou facer coros, pois tamén compuxo cancións, como "Fly acid fly", ou executaba a programación de teclados.

Simultaneamente creou a súa propia banda xunto a Fabio McNamara e Juan Tormento. En 1986 editan o seu primeiro disco, chamado Fanny y los + que obtén escasa repercusión.

Anos 90: Fangoria, McNamara e experiencias en solitario Luis Miguélez foi integrante da primeira etapa de Fangoria, a nova formación creada en 1990 por Alaska e Nacho Canut tras Alaska y Dinarama. Aínda que axiña termina a súa colaboración, asina un dos temas máis célebres da formación: En mi prisión. Posteriormente, en solitario, edita un disco titulado Metálicos.

Ó longo dos 90 compón cancións para artistas como Lola Flores, Alejandro Sanz, Baccara, Los niños del Brasil ou Serafín Zubiri, para quen crea a canción que representou a España no Festival de Eurovisión de 1992, titulada "Todo esto es la música".

En 1995 aparece A tutti plein, gravación para Manzana Records asinada por McNamara, que non obtén o recoñecemento esperado. Pecha a etapa en 1999, editando Guitar devotion, un disco en solitario, sendo unha das cancións -"How do you do?"- coñecida por unha campaña publicitaria dunha compañía telefónica.

Os 2000: McNamara, Glamour to Kill e experiencias en solitario En 2001 McNamara edita Rockstation para o selo Boozo Music. Este é un disco aclamado pola crítica, que inclúe un celebrado himno gai: "Mi correo electrónic...oh!". Trátase do disco máis popular de McNamara e, novamente, vincula a Luis Miguélez coa música dirixida a un público gai.

Posteriormente culmina outro álbum de culto: Alto Standing. No disco colaboran numerosas travestis moi coñecidas en España como Psicosis Gonsáles, La Prohibida, Diossa y Malizzia ou Paranoika Gonsales.

En 2001 decide trasladarse desde Madrid a Berlín, onde crea xunto a Antonio Glamour e Juan Tormento Glamour to Kill, unha banda de inspiración glam rock que edita dous discos: Music pour the ratas e Pecados eléctricos. Obteñen gran popularidade nos mercados anglosaxóns. A súa produción máis recente foi a creación de "Tú eres pop", sintonía do programa de Radio 3 Diario Pop, e de Gritando amor, un recompilatorio de rarezas e grandes éxitos da súa produción dos últimos 15 anos, baixo o nome de Glitter Klinik.

Discografía Con Almodóvar y McNamara Cómo está el servicio... de señoras, (1983) Con Alaska y Dinarama Canciones profanas, (1983) Deseo carnal, (1984) No es pecado, (1986) Diez, (1987) Fan fatal, (1989) Con Fanny y los + Fanny y los +, (1986) Con Fangoria Salto mortal, (1990) Con McNamara A tutti plein, Manzana Records (1995) Rockstation, Boozo Music (2001) Maricloneando (recompilación), Susurrando (2007) Con Glamour to Kill Music pour the ratas, Subterfuge Records (2004) Pecados eléctricos, Subterfuge Records (2006) En solitario Metálicos Guitar devotion, (1999) Alto standing, (2001) Gritando amor, (2007)

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a McNamara, (2001) Entrevista a Luis Miguélez, (2001) myspace de Luis Miguélez Web oficial de Glamour to Kill

Miguélez Categoría:Nados en Bembibre Categoría:Nados en 1963