Rota é un municipio andaluz, pertencente á provincia de Cádiz. Ten unha superficie de 84 km², e limita con Chipiona, Sanlúcar de Barrameda e El Puerto de Santa María. Atópase situada a unha altitude de 9 metros e a 36 quilómetros da capital de provincia, Cádiz. No ano 2008 tiña 27.918 habitantes, cunha densidade de 332,32 hab/km².

Situada xunto á baía de Cádiz na costa de océano Atlántico, a medio camiño entre Portugal e Xibraltar, é unha cidade eminentemente turística, un destino de vacacións para viaxeiros procedentes de todos os puntos de Europa. En tempada baixa, a súa principal actividade comercial é a industria pesqueira. No seu termo municipal está situada a Base Naval de Rota.

Categoría:Cidades de Andalucía Categoría:Concellos da provincia de Cádiz