O 5 de setembro é o 248º día do ano do calendario gregoriano e o 249º nos anos bisestos. Quedan 117 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1666 - En Inglaterra dáse por extinguido o grande incendio de Londres que comezara tres días antes. 1936 - A estadounidense Beryl Markham é a primeira muller en sobrevoar en solitario o océano Atlántico, en dirección leste-oeste. 1937 - Guerra civil española: Belchite cae en poder das tropas republicanas. 1944 - Fírmase o Tratado de constitución do Benelux entre Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. 1972 - Un comando palestino de Setembro Negro asalta os apartamentos dos atletas israelitas nos Xogos Olímpicos de Múnic. 1984 - O tifón Ike causa 1 363 vítimas mortais en Filipinas. 2010 - A organización terrorista ETA anuncia un alto o fogo.
Nacementos miniatura|100px|Raquel Welch. 1638 - Lois XIV, rei de Francia (m. 1715). 1880 - Marcelino Gómez Arias, xornalista e político republicano galego (m. 1924). 1885 - Uxío Carré Alvarellos, escritor galego (m. 1967). 1912 - John Cage, compositor e instrumentista estadounidense (m. 1992). 1914 - Nicanor Parra, poeta chileno. 1920 - Douglass C. North, economista estadounidense, premio Nobel de 1993. 1931 - Xosé García Oro, relixioso e historiador galego. 1935 - Moncho Valcarce, crego e político galego (m. 1993). 1940 - Raquel Welch, actriz norteamericana. 1942 - Werner Herzog, director de cine alemán. 1946 - Freddie Mercury, vocalista do grupo Queen (m. 1991). 1954 - Bieito Pérez Outeiriño, arqueólogo galego. 1966 - Achero Mañas, actor e director español. 1968 - Brad Wilk, músico estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Auguste Comte. 1622 - Bartolomé García de Nodal, navegante galego (n. 1574). 1857 - Auguste Comte, filósofo francés (n. 1798). 1914 - Charles Péguy, escritor francés (n. 1873). 1926 - Alejandro Pérez Lugín, escritor español (n. 1870. 1936 - Gustave Kahn, escritor francés (n. 1859). 1948 - Richard Tolman, físico estadounidense (n. 1881). 1992 - Fritz Leiber, novelista estadounidense (n. 1910). 1997 - Tareixa de Calcuta, relixiosa albanesa, Premio Nobel da Paz en 1979 (n. 1910). 2000 - Carlo Maria Cipolla, historiador económico italiano (n. 1922). 2013 - Santiago Genovés Taragaza, antropólogo galego (n. 1924).
Festas e celebracións Día Mundial do Mieloma múltiple Día internacional do Irmán
Outros Santoral: Santos Herculano, Lourenzo, Xustiniano, Alberte, Donato, Obdulia, Sancho, Teodoro, Urbano e Victorino.
Os 366 días do ano
Notas
05