O termo artigo é unha palabra que deriva do latín articŭlus. Pode facer referencia:

A un artigo gramatical, unha clase de verbas que modifican o substantivo. A un artigo enciclopédico, cada explicación correspondente a un termo nun dicionario ou enciclopedia. A un artigo científico, un breve traballo de investigación, publicado nunha revista especializada. A un artigo xornalístico, cada parte separada inserida nun xornal ou revista. A un artigo de consumo, unha mercadoría. A un artigo lexislativo, cada parte das numeradas nunha lei ou disposición (contrato, acordo...). A un artigo, cada parte nas que se dividen de xeito común os escritos.