miniatura|H.R. Giger na Tattoo Convention de Berlín (1990)
Hans Ruedi Giger, tamén chamado Hans Rudolf Giger, nado o 5 de febreiro de 1940 en Chur, Suíza e finado o 12 de maio de 2014 en Zürich foi un artista gráfico e escultor, que foi amigo persoal de Timothy Leary.
Traxectoria En 1966 comezou a traballar como deseñador de interiores. A partir de 1968 Giger dedicouse exclusivamente á arte e os seus primeiros pósters foron publicados cara a 1969. Durante esa época mantivo unha relación con Li Tobler, coa que gravaría varias curtas. O suicidio da súa amada en 1975 marcou para sempre a obra de Giger.
Coñecido entre o gran público por deseñar e desenvolver xunto a Carlo Rambaldi a criatura e algúns escenarios da película Alien, o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott (1979, baseándose nas súas propias obras anteriores, como "Necronomicon V") pola que lle concederon en 1980 o Óscar aos mellores efectos visuais.
Tamén participou na parte estética doutras películas, como Species. Especies asasinas (Roger Donaldson, 1995) sendo os seus traballos usados nas portadas de moitos libros e discos. Así mesmo, realizou traballos para videoxogos como Dark Seed, unha aventura gráfica de ambientación lovecraftiana. Posteriormente prestouse voluntario como deseñador de Alien 3, xa que James Cameron, reusou do seu traballo para Aliens. Tamén participou no deseño ao lado escuro de Poltergeist II, quedando bastante desilusionado do tratamento que lle deron na película aos seus deseños.
Existe un museo dedicado a H. R. Giger na cidade de Gruyères, en Friburgo, Suíza.
Estilo Giger utilizou maiormente o aerógrafo creando imaxes surrealistas e paisaxes de pesadelo. Destaca tamén a súa mestura de representacións de corpos humanos mesturados con máquinas, descritas por el como Biomechanical. Estas imaxes conteñen un alto grao de fetichismo á vez que engade simboloxía sexual un tanto subliminar. Na súa obra podemos atopar a influencia de artistas como Erns Fuchs, Jean Cocteau e Salvador Dalí.
Participación Participación en películas 1976 – Deseños para Dune, de Alejandro Jodorowsky, adaptación da novela de Frank Herbert que non se chegou a producir; o filme Dune foi realizado máis tarde por David Lynch.) 1979 – Alien 1985 – A "Cloudbusting Machine" no vídeo Cloudbusting de Kate Bush 1986 – Poltergeist II 1988 – Teito Monogatari 1992 – Alien III 1995 – Species. Especies asasinas 1995 – Batman Forever (deseño do Batmobil) 1996 – Kondom des Grauens miniatura|dereita|Guitarra Giger
Participación en portadas de discos 1973 – Emerson, Lake and Palmer – Brain Salad Surgery 1977 – Magma – Attahk 1981 – Debbie Harry – KooKoo 1985 – Celtic Frost – To Mega Therion 1989 – Steve Stevens – Atomic Playboys 1990 – Atrocity – Hallucinations 1992 – Danzig – III: How The Gods Kill 1994 – Carcass – Heartwork 1994 - hide - Hide Your Face 1999 - Dr. Death - Somewhere in nowhere (Birthmachine)
Bibliografía 1971 – ARh+ 1974 – Passagen 1976 – HR Giger bei Sydow-Zirkwitz (Catálogo) 1977 – Necronomicon (ISBN 3-85591-019-7) 1980 – Giger’s Alien 1981 – HR Giger’s New York City 1984 – Retrospective 1964–1984 (Catálogo) 1985 – Necronomicon 2 (ISBN 3-85591-020-0) 1988 – Biomechanics 1991 – HR Giger ARh+ (ISBN 3-8228-1317-6) 1992 – Skizzen 1985 1993 – Watch Abart ’93 (Catálogo) 1995 – Species Design 1996 – Filmdesign 1996 – www HRGiger com 1996 – Visioni di fine millennio (Catálogo) 1998 – Monsters from the ID 1998 – The Mystery of San Gottardo 2002 – Icons „HR Giger“ 2004 – Le Monde Selon HR Giger (Catálogo) 2005 – HR Giger in Prague (Catálogo)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de H. R. Giger Páxina web estadounidense oficial de H. R. Giger
Categoría:Escultores de Suíza Categoría:Surrealismo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Suíza