Robert Adamson, nado en Kingsbarns, en Fife en 1852 e finado en Manchester en 1902, foi un filósofo escocés.

Traxectoria En 1855 morreu seu pai e xa aos 14 anos entra na Universidade de Edimburgo. En 1871 establece a súa residencia en Heidelberg, onde estuda a filosofía alemá, retorna a Edimburgo como asistente de Henry Calderwood e posteriormente de Campbell Fraser. En 1874 entra como colaborador na Encyclopaedia Britannica, e en 1876 é elixido catedrático de lóxica e filosofía no Owens College de Manchester. En 1893 exerce na Universidade de Aberdeen. En 1895 gaña a cátedra de lóxica na Universidade de Glasgow, onde exercera ata a súa morte.

Os seus escritos consistiron en artigos curtos, moitos deles aparecidos na Encyclopedia; tamén elaborou un volume sobre Kant e outro sobre Fichte.

Obra En vida oublicáronse as seguintes obras:

On the Philosophy of Kant (1879) Blackwood's Philosophical Classics. Fichte (1881)

Postumamente, publicáronse os seguintes títulos, que eran as súas leccións máis importantes cunha breve introdución biográfica

The Development of Modern Philosophy and Other Essays (1903) The Development of Greek Philosophy (1908)

Notas

Adamson, Robert Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1902 Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo