miniatura|Estación de Atocha (Madrid). miniatura|Ponte Colgante sobre o río Nervión. Paz Martin Alberto de Palacio y Elissague nado en Sare (Pireneos Atlánticos, Francia) o 25 de xaneiro de 1856 e finado en 1939, foi un enxeñeiro e arquitecto español.
Traxectoria miniatura|Banco de España, Madrid. Era fillo de pai biscaíño e de nai saratarra (nome dos habitantes de Sara). Pasou a súa infancia na súa vila natal, e logo os seus pais instaláronse en Gordexola, preto de Bilbao, onde fixo os estudos secundarios no colexio de San Zoilo y San Félix.
En 1882 acabou os estudos na Escola de Arquitectura de Barcelona. Logo marchou para París, para se perfeccionar, trabando trato con Ferdinand Arnodin (1845-1924), especialista en pontes sostidas por cables.
Obra miniatura|"Palacio de Cristal", Parque do Retiro, Madrid. Palacio de Velázquez (1883). No parque do Bo Retiro de Madrid, con Ricardo Velázquez Bosco e o ceramista Daniel Zuloaga. Sede central do Banco de España (1884-1891). Madrid, en colaboración. Pazo de Cristal do Retiro (1887). No parque do Bo Retiro, Madrid, de novo con Ricardo Velázquez Bosco e o ceramista Daniel Zuloaga. Inspirado no Crystal Palace de Londres. Estación de Atocha (1888-1892). Madrid, en colaboración co enxeñeiro Saint-James. Ponte-transbordador de Portugalete, tamén chamada ponte de Biscaia (1893). En 2006 foi declarada patrimonio mundial pola UNESCO. Fábrica Osram (1916). Paseo de Santa María de la Cabeza, Madrid.
Categoría:Arquitectos do País Vasco Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en Sare