Marakei é un pequeno atol ao norte das Illas Gilbert, pertencentes a Kiribati. A lagoa central componse de numerosas concas profundas e está rodeada por dúas illas grandes separadas por dúas estreitas canles, a Baretoa Pass e a Reweta Pass. Estas canles son inaccesibles en marea baixa. O atol ten unha superficie de 13´5 km².
Xeografía A superficie total de Marakei é de 14´13 quilómetros cadrados. Un camiño rodea a illa e ten 26 quilómetros de longo. A maior anchura atópase na vila de Rawannawi e a zona máis estreita está en Temotu no lado occidental da illa. Marakei é unha das dúas illas de Kiribati que rodea a lagoa. A lagoa Marakei é de auga salgada e profunda nalgunhas áreas, pero non ten mareas. Dúas canles estreitas, que non son navegables durante a marea baixa, unen a lagoa co mar, os cales son chamados Baretoa Pass e Pass Raweta.
O Rawata Pass foi o lugar dunha obstrución en 1912 logo dos conflitos entre as aldeas.
Vilas A vila principal é Rawannawi, que no censo de 2010 tiña pouco máis dun terzo dos 2.872 habitantes da illa.
300px|right Rawannawi1000 habitantes Temotu164 habitantes Buota339 habitantes Tekarakan358 habitantes Bwainuna310 habitantes Norauea321 habitantes Tekuanga217 habitantes Antai163 habitantes
Visitar Marakei miniatura|left | Santuario dun dos catro "pantasmas" de Marakei O "katabenin" é unha tradición única de Marakei, os que visitan por primeira vez a illa teñen que presentar os seus respectos ás catro pantasmas de Marakei, viaxando en sentido antihorario, antes de calquera outra actividade. As ofrendas de tabaco, doces ou diñeiro nos santuarios de Nei Reei, Rotebenua Nei, Nei Tangangau e Nantekimam Nei asegurarán unha estancia feliz en Marakei.
Aeroporto
Marakei está servido polo Aeroporto de Marakei no extremo norte da illa (preto da localidade de Rawannawi). Air Kiribati ten tres voos á semana a Abaiang e ao aeroporto internacional de Tarawa.
Aloxamento A casa de hóspedes do Consello de Marakei está situada xusto fronte ao mar, nos arredores da aldea principal de Rawannawi. Como todas as pensións dos Consellos Insulares de Kiribati, as instalacións son básicas e a comida é a que está dispoñible a nivel local, con todo, a súa espectacular situación e a tradición de hospitalidade de Marakei fan que unha estancia na casa de hóspedes de Marakei pode resultar unha experiencia única na vida para un viaxeiro ben preparado.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Atois de Kiribati