San Paio é un lugar da parroquia de Castrelos de Cima, do concello ourensán do Riós, na comarca de Verín. Segundo o IGE, en 2023 tiña 6 habitantes (4 homes e 2 mulleres).
Toponimia O topónimo San Paio é un haxiotopónimo referido a Paio de Albeos e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación.
Patrimonio
A aldea é atravesada polo río Arzoá, sendo represado e aproveitado para usos agrícolas. Segundo Pedro González de Ulloa, tense constancia da presenza na aldea dunha familia rica e distinguida, os Fernández Cortés, criados antigos e leais do Conde de Monterrei. En San Paio atópanse os restos dun antigo pombal.
Lugares e parroquias Lugares de Castrelos de Cima
Parroquias do Riós
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Riós
Categoría:Lugares do Riós