O 10 de abril é o 100º día do ano do calendario gregoriano e o 101º nos anos bisestos. Quedan 265 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1808 - Créase unha Xunta de Goberno que, na representación de Fernando VII, intenta suplir o seu poder en España. 1814 - Batalla de Tolosa, entre o exército francés e as tropas do Duque de Wellington. 1846 - A cidades de Vigo e Tui súmanse ao pronunciamento progresista iniciado en Lugo o 2 de abril. 1865 - En Madrid, ten lugar o masacre da Noite de San Daniel, no que un grupo de estudantes se reunira en apoio ao reitor da Universidade Central, quen se negara a destituír a Emilio Castelar tras a publicación de proclamas na contra de Isabel II de España. 1912 - O transatlántico Titanic parte para a súa primeira e última viaxe do porto de Southampton, Inglaterra 1941 - Alemaña, Italia e Bulgaria invaden Iugoslavia. 1970 - Paul McCartney anuncia a separación dos Beatles. 1979 - Un bus cheo de escolares vigueses cae ao río Órbigo en Santa Cristina de la Polvorosa morrendo 49 persoas.
Nacementos miniatura|100px|Vladimir Lenin. 1512 - Xacobe V, rei de Escocia. 1749 - Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, ilustrado galego. 1838 - Nicolás Salmerón, político e filósofo español. 1847 - Joseph Pulitzer, editor estadounidense. 1870 - Vladimir Lenin, político soviético. 1886 - Michael Curtiz, director de cine estadounidense (m. 1962). 1894 - Ben Nicholson, pintor e escultor inglés (m. 1982). 1904 - Manuel Beiras, intelectual e político galeguista. 1923 - Alfredo García Alén, historiador galego. 1924 - Kenneth Noland, pintor estadounidense (m. 2010) 1929 - Max von Sydow, actor de cine sueco. 1932 - Omar Sharif, actor exipcio. 1933 - Francisco Vázquez Fernández, filósofo galego. 1935 - Percival James Patterson, político xamaicano. 1937 - Xosé Agrelo Hermo, escritor galego (m. 2006). 1939 - Claudio Magris, escritor italiano. 1951 - Steven Seagal, actor estadounidense. 1951 - Lois Caeiro, xornalista e escritor galego. 1952 - Antonio de la Peña Santos, arqueólogo. 1953 - Xosé Antón Castro, historiador e crítico de arte galego. 1960 - Cándido Pazó, autor e director de escena galego. 1960 - Kepa Junkera, músico e compositor vasco. 1967 - Rebeca Montero, actriz galega. 1973 - Roberto Carlos da Silva, futbolista brasileiro. 1982 - Chyler Leigh, actriz, cantante e modelo estadounidense. 1986 - Sandra Prieto, adestradora de baloncesto galega.
Mortes miniatura|100px|Joseph Louis Lagrange. 943 - Landulfo I de Benevento, príncipe de Capua e príncipe de Benevento. 1813 - Joseph Louis Lagrange, matemático francés. 1913 - Gerardo Neira Flórez, político galego. 1919 - Emiliano Zapata, revolucionario mexicano. 1931 - Khalil Gibran, poeta, pintor e novelista libanés. 1954 - Auguste Marie Louis Nicholas Lumière, inventor do cine. 1962 - Michael Curtiz, director de cine estadounidense (n. 1886). 1966 - Evelyn Waugh, escritor británico (n. 1903). 1976 - Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual galego, membro da Xeración Nós (n. 1888). 1983 - Abelardo Moralejo Laso, latinista e lingüista galego. 1997 - Carlos Martínez-Barbeito, escritor galego. 2004 - Carmen Parga, profesora e activista republicana exiliada en México (n. 1914)
Festas e celebracións Festas da Virxe en Vilaselán, Ribadeo.
Outros Santoral: Santo Antonio Neyrot
Os 366 días do ano
Categoría:Abril