José Luis Comellas García-Llera, nado en Ferrol o 16 de outubro de 1928 e finado en Sevilla o 23 de abril de 2021, foi un historiador e astrónomo galego.

Traxectoria Neto do escritor Manuel Comellas, o seu pai era químico en Carburos Metálicos e profesor de bacharelato en Cee. Iniciou os estudos de bacharelato en 1940 no colexio Fundación Fernando Blanco desta vila, onde ensinaba seu pai, e continuounos en 1942 no colexio Tirso de Molina, xa en Ferrol. Licenciouse en 1951 en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo o premio extraordinario de fin de carreira e o premio OurtvanhoffA única referencia á existencia de semellante premio son de menciones biográficas de Comellas. Quizais o nome do premio estea mal, ou non fose un premio relevante. o mellor estudante da universidade.

Cursou o doutoramento na Universidade Complutense de Madrid, e rematouno cunha tese sobre os primeiros pronunciamentos en España, en 1953, dirixida por Federico Suárez Verdeguer, e que ao ano seguinte se publicaría como libro, e que sería o primeiro de moitos: Los primeros pronunciamientos en España. Con este título gañou ó ano seguinte o Premio Nacional Menéndez Pelayo. En 1954 obtivo a cátedra de historia da Universidade de Sevilla, universidade na que exercería a docencia ata a súa xubilación, se ben ocasionalmente exerceu a docencia noutras universidades (Santiago 1953-1956, Navarra na década dos sesenta e Tucumán).

En 1963, gañou por oposición á cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da universidade de Sevilla, pola que competiu con Antonio Domínguez Ortiz.

O interese historiográfico de Comellas centrouse no século XIX, sobre todo na figura da raíña Sabela II, Cánovas del Castillo, a Década moderada e o Trienio liberal, así como acerca dos imperios coloniais e sobre a música. En 1967 publicou Historia de España moderna e contemporánea, que durante un tempo foi unha obra popular e da que se fixeron múltiplas reedicións. Foi director da Revista de Historia Contemporánea que editou a universidade de Sevilla entre 1982 e o 2000.

En 1993, foi nomeado académico de número da Real Academia Sevillana de Buenas Letras​ e da que foi vicedirector de 1999 a 2005. En 1995, foi nomeado membro correspondente por Sevilla da Real Academia da Historia.​

Desde o ano 2000 e ata o final da súa vida foi profesor emérito da universidade de Sevilla, e seguiu escribindo libros sobre historia, astronomía e música.

Astronomía Ademais da súa obra historiográfica, Comellas foi divulgador de astronomía, e publicou numerosas obras sobre este eido, entre elas un catálogo sobre estrelas dobres, a primeira edición en español do Catálogo Messier e unha popular Guía del firmamento da que se realizaon sete edicións. A Comellas atribúeselle ademais o descubrimento de 20 estrelas dobres.

Mencións honoríficas Académico de Número da Real Academia Sevillana de Buenas Letras (1993). Fillo adoptivo de Sevilla (2005). Ten unha rúa en Sevilla, a rúa Astrónomo José Luís Comellas. Doutor Honoris Causa pola Universidade de Cuyo (Mendoza).

Obras Historia de España Los realistas en el trienio constitucional (Ediciones Universidad de Navarra · Eunsa, 1958). ISBN 978-84-313-0072-2.

Los primeros pronunciamientos en España (CSIC, 1958). ISBN 978-84-00-00655-6. El sistema político de Cánovas (Rialp 1961). ISBN 978-84-321-0555-5. La Teoría del régimen liberal español (Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 1962). ISBN 978-84-259-0520-9. El trienio constitucional. (Univ. Navarra · EUNSA, 1963). ISBN 978-84-313-0084-5. Cánovas (Cid, 1965). ISBN 978-84-7045-008-2. Los moderados en el poder, 1844-1854 (CSIC, 1970). ISBN 978-84-00-01958-7. Historia contempóranea general (Labor, 1970). ISBN 978-84-335-9410-5. La restauración como experiencia histórica (Univ. Sevilla, 1977). ISBN 978-84-7405-034-9 El siglo XIX (Carroggio, 1979). ISBN 978-84-7254-185-6 e ISBN 978-84-7254-341-6 Historia de España Moderna y Contemporánea (1474-1975) (Rialp, 1972 1978, 1978 [2 tomos], 1980). ISBN 978-84-321-0251-6, ISBN 978-84-321-9030-8, ISBN 978-84-321-1695-7, ISBN 978-84-321-1693-3, ISBN 978-84-321-0252-3 Historia. Guía de los estudios universitarios (Univ. Navarra · EUNSA, 1982). ISBN 978-84-313-0263-4. Historia breve de España contemporánea (Rialp, 1989). ISBN 978-84-321-2540-9. De las revoluciones al liberalismo: (la época romántico-liberal, 1830-1870). Canda Gonzalo Redondo (Univ. Navarra · EUNSA, 1989). ISBN 978-84-313-0855-1. De las revoluciones al liberalismo: (la época de las revoluciones, 1776-1830) (Univ. Navarra · EUNSA, 1990). ISBN 978-84-313-0744-8. El tiempo en Sevilla (Univ. Sevilla, 1992). ISBN 978-84-7405-829-1. Sevilla, Cádiz y América (Arguval, 1992; MAPFRE, 1992). ISBN 978-84-86167-65-3 e ISBN 978-84-7100-313-3. Mapa de Juan de la Cosa: Estudio (Testimonio, 1992). ISBN 978-84-86290-55-9. Cánovas del Castillo (Ariel, 1997 e 2001). ISBN 978-84-344-6598-5 , ISBN 978-84-344-6633-3. La carta de Cristóbal Colón: mapamundi, circa 1492 (Manuel Moleiro, 1995). ISBN 978-84-88526-16-8. Historia de España moderna y contemporánea (Rialp, 1997). ISBN 978-84-321-0330-8. Historia breve del mundo contemporáneo (Rialp, 1998). ISBN 978-84-321-3177-6 El último cambio de siglo: gloria y crisis de Occidente 1870-1914 (Ariel, 2000). ISBN 978-84-344-1197-5 Historia de España (6 tomos) (Durvan, 2000, 2001, 2006). ISBN 978-84-7677-113-6. Los grandes imperios coloniales (Rialp, 2001). ISBN 978-84-321-3334-3. Del 98 a la Semana Trágica, 1898-1909: crisis de conciencia y renovación política (Biblioteca Nueva, 2001). ISBN 978-84-7030-966-3. Historia de España contemporánea (Rialp, 2002). ISBN 978-84-321-2441-9. Historia de España moderna y contemporánea (Rialp, 2003). ISBN 978-84-321-3239-1. Historia de los españoles (Ariel, 2003). Canda Luis Suárez Fernández. ISBN 978-84-344-1247-7. Isabel II: una reina y un reinado (Ariel, 2004). ISBN 978-84-344-6611-1. Historia breve del mundo reciente (Rialp, 2005). ISBN 978-84-321-3526-2. El éxito del error: los viajes de Colón (Ariel, 2005). ISBN 978-84-344-4463-8. Breve historia de los españoles (Ariel, 2006). Canda Luis Suárez Fernández. ISBN 978-84-344-4494-2.

Historia da ciencia Historia sencilla de la ciencia (Rialp, 2007). ISBN 978-84-321-3626-9

Historia da música Nueva historia de la música (Ediciones Internacionales Universitarias, 1995). ISBN 978-84-87155-55-0. Beethoven (Ariel, 2003). ISBN 978-84-344-6707-1. Historia sencilla de la música (Rialp, 2006). ISBN 978-84-321-3594-1.

Astronomía El universo (Salvat, 1980 e 1991). ISBN 978-84-345-4194-8, ISBN 978-84-345-7804-3 e ISBN 978-84-345-7905-7. El cometa Halley (Salvat, 1985). ISBN 978-84-345-8134-0 e ISBN 978-84-345-8136-4 El Sol y el sistema solar (Equipo Sirius, 1986). ISBN 978-84-86639-00-6. La ruta del cometa Halley (Ebrisa, 1986). ISBN 978-84-86281-10-6. Astronomía (Rialp, 1987). ISBN 978-84-321-2369-6. Catálogo de estrellas dobles visuales (Equipo Sirius, 1988). ISBN 978-84-86639-10-5. La naturaleza de las estrellas (Equipo Sirius, 1991). ISBN 978-84-86639-36-5. El cielo de Colón: técnicas navales y astronómicas (Tabapress, 1991). ISBN 978-84-7952-032-8. Vida y muerte de las estrellas (Equipo Sirius, 1992). ISBN 978-84-86639-47-1. Catálogo Messier (Equipo Sirius, 1998, 2002). ISBN 978-84-86639-76-1, ISBN 978-84-95495-23-5. El mundo de las estrellas (Equipo Sirius, 1999). ISBN 978-84-86639-92-1. Guía del firmamento (Rialp, 2006). ISBN 978-84-321-1976-7.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1928 Categoría:Historiadores de Historia Contemporánea Categoría:Finados en 2021 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Astronomía observacional Categoría:Profesores da Universidade de Sevilla Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela