Nanumanga ou Nanumaga é unha illa arrecife e un distrito da nación insular oceánica de Tuvalu. Ten unha superficie duns 3 km² cunha poboación de 491 habitantes (Censo de 2017).

Historia Foi descuberta por Francisco Mourelle, que a nomeou Illa do Cocal. O 9 de maio de 1824 unha expedición do goberno francés ao mando do capitán Louis Isidore Duperrey do barco La Coquille avistou Nanumaga.

A Expedición exploradora dos Estados Unidos visitouna en 1841.

Louis Becke, que máis tarde se convertería en escritor, converteuse no comerciante residente da empresa de Liverpool de John S. de Wolf and Co. en Nanumaga desde aproximadamente abril de 1880 ata que a estación comercial foi destruída máis tarde ese ano por un ciclón.'Louis Beck, Adventurer and Writer', Chapter 8, Rascals in Paradise, James A. Michener and Arthur Grove Day, Secker and Warburg (1957) Becke escribiu máis tarde The Rangers of the Tia Kau que describe un ataque dun tiburón no arrecife de Tia Kau entre Nanumea e Nanumaga.

Estímase que a poboación de Nanumaga entre 1860 e 1900 estaba entre 300Richard Bedford, Barrie Macdonald & Doug Monro, Population Estimates for Kiribati and Tuvalu (1980) 89(1) Journal of the Polynesian Society 199 e 335 habitantes.W.F. Newton, The Early Population of the Ellice Islands, 76(2) (1967) The Journal of the Polynesian Society, 197–204.

A oficina de correos de Nanumaga abriu arredor de 1925.

En 1986 converteuse nun centro de debate cando os arqueólogos do Pacífico descubriron as covas de Nanumanga mergulladas, e atoparon o que argumentaban que eran restos de lume creados polos habitantes da prehistoria .

Xeografía Ten 3 lagoas, tendo a maior dela, Vaiatoa, catro illas. Hai árbores e vexetación seca. O atol ten forma de ovo.

Cabos Cabo no norte: Te Kaupapa Cabo no sur: Te Papa

Poboación De acordo ao censo do ano 2002, a poboación no atol era de 589 persoas.

Vilas Existen dúas vilas Tonga (308 habitantes) e Tokelau (281 habitantes), ao oeste do atol.

Transporte

Existen algúns carreiros.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Tuvalu

Ligazóns externas

Categoría:Illas de Tuvalu Categoría:Illas do Pacífico