miniatura|175px|A Curros Enríquez en Vigo.
Lorenzo Coullaut Valera, nado en Marchena (provincia de Sevilla) o 12 de abril de 1876 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1932, foi un escultor español.
Traxectoria Foi sobriño do célebre escritor Juan Valera. Pasou a súa infancia en Francia, e de volta a España, formouse nos obradoiros de Susillo e de Querol, carecendo de formación regulada de Belas Artes.
Traballou sobre todo en obra monumental pública, participando en diversas Exposicións Nacionais de Belas Artes, obtendo unha 3ª medalla na de 1901; posteriormente participou na Exposición Universal de Barcelona de 1929. En 1905 gañou o concurso para a lápida conmemorativa do centenario da publicación do Quixote.
Obras miniatura|A Emilia Pardo Bazán na Coruña. 1911- Monumento a Pereda, Santander. 1911- Monumento a Manuel Curros Enríquez, Vigo. 1913- Monumento aos "Saineteros", Madrid. 1914- Monumento a Ramón de Campoamor, Madrid. 1916- Monumento a Emilia Pardo Bazán, Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña. 1917- Monumento a Marcelino Menéndez Pelayo, Madrid. 1918- Monumento á Inmaculada Concepción, na Praza del Triunfo, Sevilla. 1919- Monumento a Enrique Peinador, Mondariz. 1919- Sagrado Corazón de Xesús, Colexio Santiago Apóstolo, Vigo 1926- Monumento ao bispo Osio de Córdoba, Córdoba. 1928- Monumento a Juan Valera, Madrid. 1930- Monumento a Miguel de Cervantes, Madrid. 1931- Monumento a Bruno Mauricio de Zabala, Montevideo. Caridade Real no monumento a Alfonso XII nos xardíns do Parque do Retiro de Madrid.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Salvador Prieto, María del Socorro (1990): La escultura monumental en Madrid: Calles, Plazas y Jardines Públicos (1875- 1936). Editorial Alpuerto. Madrid. Rincón García, Wifredo (1994): Diccionario de pintores y escultores españoles del siglo XX. Editorial Forum Artis. Madrid. Enciclopedia Universal Sopena, Tomo III. Editorial Ramón Sopena. Barcelona, 1969 Dep. Legal: B. 12.873
Categoría:Escultores de Andalucía Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Escultores do século XIX Categoría:Escultores do século XX