Manchuria (en manchú:, en , Mǎnzhōu), é unha rexión xeográfica do nordeste da China, cunha superficie de 801.600 km². Na actualidade non ten unidade administrativa dentro da República Popular da China.

Etnias A rexión é o lar das etnias Xianbei, Khitán, e Xurchen, sendo a máis importante a etnia que lle dá nome, o pobo manchú. Esta última dinastía gobernou a China dende o século XVII até o 1911, dándolle á súa dinastía o nome de dinastía Qing e converténdose na última dinastía imperial chinesa.

Extensión Existen 3 definicións popularmente aceptadas:

(Vermello máis escuro na imaxe). Comprende as provincias de Liaoning, Heilongjiang e Jilin (O anterior incluíndo o vermello medio). Inclúe a parte oriental da provincia de Mongolia Interior (O anterior incluíndo o vermello máis claro). Incluíndo a chamada Manchuria Rusa. (Non aparece no mapa). Engádelle ao anterior a illa de Sakhalín, reclamada polo goberno chinés como parte integrante do seu territorio nacional.

Categoría:Xeografía da China