O 5 de xuño é o 156º día do ano do calendario gregoriano e o 157º nos anos bisestos. Quedan 209 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1625 - Durante a guerra de Flandres a cidade de Breda réndese ao exército español comandado por Ambrosio Spinola. 1741 - Vitus Bering parte da península de Kamchatka co fin de explorar Alasca. 1752 - Benjamin Franklin proba que o lóstrego é electricidade. 1849 - Dinamarca tornase unha monarquía constitucional despois de aprobar unha constitución. 1937 - Fusilados en Pontevedra os republicanos da Estrada Jesús Puente Fontanes, Ramón Fernández Rico, José María Pena López, José Rodríguez Sangiao, Cándido Tafalla Froiz e Manuel Nogueira González. 1963 - En Teherán o aiatolá Khomeini é detido polas autoridades iraníes, producindo grandes disturbios. 1967 - Comeza a Guerra dos seis días, entre Israel e unha coalición árabe formada por Exipto, Xordania, Iraq e Siria. Rematou o 10 de xuño. 1977 - Nas Illas Seychelles prodúcese un golpe de estado contra o presidente James Michel. 1982 - España pasa a formar parte da NATO. 2006 - Serbia recoñece a independencia de Montenegro. 2011 - No Perú, Ollanta Humala obtén a presidencia do país tras vencer na segunda volta das eleccións.
Nacementos miniatura|100px|Federico García Lorca. miniatura|100px|Helene Cixous. 1533 - Bernardino Baldi, escritor e matemático italiano. (m. 1617) 1723 - Adam Smith, economista (m. 1790). 1862 - Allvar Gullstrand, oftalmólogo sueco (m. 1930). 1878 - Pancho Villa, revolucionario mexicano. (m. 1923). 1883 - John Maynard Keynes, economista (m. 1946). 1898 - Federico García Lorca, poeta e dramaturgo (m. 1936). 1937,- Hélène Cixous, escritora feminista francesa. 1942 - Teodoro Obiang Nguema, político ecuatoguineano. 1945 - Vivian French, escritora inglesa de literatura infantil e xuvenil. 1947 - Laurie Anderson, música e poeta norteamericana. 1949 - Xosé Luís Barreiro Rivas, político e politicólogo galego. 1949 - Ken Follett, escritor británico. 1950 - Darío Villanueva, crítico literario e profesor universitario galego. 1951 - Xosé de Cora, xornalista e escritor galego. 1954 - Xavier Castro, historiador galego.
Mortes miniatura|100px|Carl Maria von Weber. 1443 - Fernando, o Infante Santo, príncipe de Portugal (n. 1402). 1826 - Carl Maria von Weber, compositor romántico alemán (n. 1786). 1873 - Urbano Rattazzi, estadista italiano (n. 1808). 1900 - Maximino Teijeiro Fernández, médico e político galego (n. 1827). 1937 - Jesús Puente Fontanes, alcalde republicano da Estrada (n. 1898). 1937 - Ramón Fernández Rico, político galego (n. 1891). 1955 - José Costa Figueiras, escritor e xornalista galego (n. 1880). 2004 - Ronald Reagan, expresidente de Estados Unidos
Festas e celebracións Día Mundial do Medio Ambiente
Outros Santoral: Santos Bonifacio, Nicanor, Igor e Sancho.
Os 366 días do ano
05