Unha manifestación é a exhibición pública da opinión dun grupo activista (económica, política ou social, sobre todo), mediante unha congregación nas rúas, frecuentemente nun lugar ou unha data simbólicos e asociados con esa opinión. O propósito dunha manifestación é mostrar que unha parte significativa da poboación está a favor ou en contra dunha determinada política, persoa, lei etc.

O éxito dunha manifestación adoita ser considerado maior canta máis xente participa.

Nalgunhas manifestacións prodúcense disturbios e violencia contra obxectos (como os coches), establecementos, peóns ou a policía.

Xeralmente, outros mecanismos de protesta como as folgas (especialmente as folgas xerais) van acompañados de manifestacións.

Lista de manifestacións relevantes Manifestacións mundiais contra a guerra de Iraq (15 de febreiro de 2003 e outras datas) Manifestación do 12 de marzo de 2004, polos atentados do 11M Marcha en Washington, D.C. polos Dereitos Civís nos Estados Unidos o 28 de agosto de 1963

Ademais, todos os 1 de maio, día do traballador, hai manifestacións sindicais en todo o mundo.

Reconto de manifestantes Actualmente, hai dúas formas de contar o número de persoas que asisten unha manifestación: Contar o número de individuos que pasan por un punto determinado nun minuto e multiplicar a cifra polos minutos que dura a manifestación. Multiplicar os metros cadrados que ocupa a marcha por un número determinado de manifestantes. Na zona central este número adoita ser 1,5. Se se dispón de fotografías de alta resolución desde o aire esta técnica é máis precisa pois se pode determinar mellor a aglomeración.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos Boicot Cacerolada Disturbio Encerro Escrache Folga de fame Motín do pan Participación política Piquete Sentada virtual Sentada