Lamiako, é un barrio do municipio biscaíño de Leioa. Limita co río Nervión, Areeta de Getxo, Astrabudúa de Erandio e con outros barrios de Leioa.
Características
Posiblemente sexa o barrio máis pobre da localidade e o máis industrializado, pero actualmente está nunha profunda remodelación. Na actualidade estanse substituíndo gran número de vivendas antigas por grandes bloques de edificios e planéase desprazar toda a industria da zona.
A súa estratéxica localización, a escasos 5 minutos andando do centro de Areeta, con parada de metro no centro do barrio, e acceso rápido á autoestrada A-8 fan que este barrio teña posibilidades de converterse nunha zona residencial de nivel económico medio-alto no curto prazo.
O nome de Lamiako deriva do vocábulo lamia (lugar de lamias).
As lamias son personaxes da mitoloxía vasca. Mulleres fermosas de longas melenas louras e pés de pato que realizaban actos de bruxería co diaño.
As festas de Lamiako son o último fin de semana de maio e teñen como prato forte Lamiako Maskarada (o último venres de maio ás 22:30 xunto á igrexa).
Categoría:Biscaia