miniatura|dereita|200px|Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira na representación de Oeste solitario.

Mofa e Befa é un dúo cómico formado polos actores galegos Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira en decembro do ano 1992.

Historia e caracaterísticas Desde aquela teñen traballado en multitude de espectáculos teatrais humorísticos con xiras por Galicia, actuacións en actos sociais e mesmo participacións en acontecementos coma o Festival de teatro Español de autor contemporáneo de Alacant.

Tamén rodaron en 1995 a curtametraxe muda Mofa e Befa en Gran liquidación, baixo a dirección e Jorge Coira e producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, que recibiu varios premios. En televisión conduciron en 1999 o programa Apaga a luz e colaboraron no "late night" Máxima Audiencia (2004), así como no veterano programa da Televisión de Galicia Luar.

Tanto Calvo coma Mosqueira compaxinan Mofa e Befa con outros proxectos televisivos e cinematográficos, e mesmo coincidiron noutros proxectos á marxe do dúo, como a serie Mareas vivas.

Algúns dos seus espectáculos máis destacados son Para ser exactos, Manifesto por un teatro perralleiro, FinisMundiCircus, Cultura para dar e tomar ou Shakespeare para ignorantes.

Espectáculos Gran Liquidación, curta de 1992 Primeiro amor Para ser exactos Manifesto para un teatro perralleiro (1996) FinisMundiCircus (1998) Cultura para dar e tomar (2003) Sempre ao lonxe (2006) Shakespeare para ignorantes (2008) Románticos (2012) Bobas&Galegas (2014) Cranios privilexiados... ou Crítica da Razón perralleira (2017) Pirolíticos (2022)

Véxase tamén Ligazóns externas eme2

Categoría:Compañías de teatro de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Humoristas de Galicia