La comunidad é unha película española dirixida por Álex de la Iglesia no ano 2000. Conta cun guión do propio de la Iglesia e Jorge Guerricaechevarría e cun elenco coral cheo de caras coñecidas do cine español e encabezado por Carmen Maura.

Sinopse O filme ambiéntase nunha disparatada comunidade de veciños na que Julia (Carmen Maura), vendedora de pisos que traballa para unha inmobiliaria, descobre unha importante cantidade de diñeiro agochado na casa dun veciño falecido. A partir de aí terá que enfrontarse a unha comunidade de veciños disposta a repartir os cartos.

Elenco Carmen Maura - Julia Emilio Gutiérrez Caba - Emilio Terele Pávez - Ramona Jesús Bonilla - Ricardo Kiti Mánver - Dolores Marta Fernández Muro - Paquita Sancho Gracia - Castro Enrique Villén - Domínguez Eduardo Gómez - García Manuel Tejada - Chueca Paca Gabaldón - Hortensia Ion Gabola - Padioleiro

Premios Premios Goya 2001 Mellor actriz: Carmen Maura Mellor actor secundario: Emilio Gutiérrez Caba Mellores efectos especiais Festival Internacional de Cine de Donostia 2000 Cuncha de prata á mellor actriz a Carmen Maura Premios da Unión de actores de Madrid 2001 Mellor actriz de cine: Carmen Maura Mellor actor secundario: Emilio Gutiérrez Caba Mellor interpretación secundaria: Terele Pávez Premios do CEC (Círculo de escritores cinematográficos) Mellor actriz: Carmen Maura Mellor actor secundario: Emilio Gutiérrez Caba Mellor montaxe

Notas

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Álex de la Iglesia Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Madrid