O Campionato Mundial de Tríatlon (dende 2009 Series Mundiais de Tríatlon) é a máxima competición internacional de tríatlon.
Está organizado dende 1989 pola Unión Internacional de Tríatlon. Ata a edición de 2008 celebrábase nunha soa proba, pero a partir de 2009 dispútase ao longo de varias carreiras, as Series Mundiais, distribuídas ao longo do ano.
Historia En 1989, fundouse a Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e ese mesmo ano, en agosto, celebrouse a primeira edición do Campionato Mundial en Aviñón. Para esa primeira competición estableceuse a distancia olímpica (máis tarde rebautizada a estándar) en 1.5 km a nado, 40 km de bicicleta e 10 km de carreira a pé. As distancias foron escollidas usando as distancias xa presentes nas olimpíadas para cada disciplina individualmente. Máis de 800 atletas que representaban a 40 países competiron no primeiro Campionato do Mundo.
En 1991 decidiuse crear unha competición que constase de varias probas durante o ano, para o que se deu inicio á Copa do Mundo, coroándose deste xeito cada ano un campión mundial e un campión da Copa do Mundo. En 2009 a ITU reorganizou as súas competicións de máximo nivel, cambiou o nome do Campionato do Mundo polo de Series Mundiais e converteuno nunha competición cunha serie de carreiras ao longo do ano e arredor do mundo. Mentres, a Copa do Mundo foi relegada a unha competición de segundo nivel e reducíuselle o número de carreiras.
Para a edición de 2020, debido á pandemia por coronavirus, a ITU decidiu que o Campionato Mundial se disputase a unha soa proba, no Tríatlon de Hamburgo.
Probas que se disputan Na actualidade tan só se disputan probas en categoría elite masculina e feminina (a partir de 18 anos) debido a que as series están conformadas por varias probas en todo o mundo. Non obstante, dende que o campionato do mundo se disputa con este formato, a Gran Final das series faise coincidir cos campionatos do mundo das categorías júnior e sub-23, ademais dos grupos de idade.
Nas Series Mundiais de Tríatlon, hai tres disciplinas diferentes:
Estándar: 1,5 km de natación, 40 km de ciclismo e 10 km a pé Sprint: 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km a pé Relevos mixtos: 4x (300m de natación, 7.5 km de ciclismo e 1.5 km a pé) onde cada atleta completa o ciclo natación-ciclismo-carreira antes de pasar o relevo ao seguinte atleta, sendo a orde dos atletas sempre muller, home, muller, home.
miniatura|O ferrolán Javier Gómez Noya, gañador de cinco títulos, seguido polo británico Jonathan Brownlee, vencedor en 2012, na proba das Series Mundiais disputada en Lausana en 2011. Os atletas son seleccionados pola Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e as federacións nacionais en base aos seus resultados internacionais durante as tempadas anteriores.
Sedes Sedes dos Campionatos do Mundo (ata o 2009) AnoLugarData1989Aviñón, 6 de agosto1990Orlando, 15 de setembro1991Queensland, 13 de outubro1992Muskoka, 12 de setembro1993Manchester, 22 de agosto1994Wellington, 27 de novembro1995Cancún, 12 de novembro1996Cleveland, 24 de agosto1997Perth, 16 de novembro1998Lausana, 30 de agosto1999Montreal, 12 de setembro2000Perth, 30 de abril2001Edmonton, 22 de xullo2002Cancún, 9-10 de novembro2003Queenstown, 6-7 de decembro2004Madeira, 9 de maio2005Gamagōri, 10-11 de setembro2006Lausana, 2-3 de setembro2007Hamburgo, 30 de agosto-2 de setembro2008Vancouver, 5-8 de xuño
Sedes das Grandes Finais (dende o 2009) AnoLugarData2009Gold Coast, 9-13 de setembro2010Budapest, 8-12 de setembro2011Beijing, 10-11 de setembro2012Auckland, 20-21 de outubro2013Londres, 14-15 de setembro2014Edmonton, 1 de setembro2015Chicago, 172016Cozumel, 11-18 de setembro2017Rotterdam, 14-17 de setembro2018Gold Coast, 12-16 de setembro2019Lausana, 30 de agosto - 1 de setembro2020Hamburgo, 5 de setembro
Probas das series mundiais dende 2009 As iniciais GF identifican o lugar da Gran Final. <small>País <small>Cidade <small>2009 <small> 2010 <small>2011 <small>2012 <small>2013 <small>2014 <small>2015<small>2016 <small>2017 <small> 2018 <small>2019 <small>2020Hamburgo•••••••••••GF Gold Coast GF ••• GF Sydney ••• Kitzbühel ••••• Bermudas •• Edmonton GF ••••• Montreal ••• Beijing GF Seúl•Tongyeong•Abu Zabi•••••Madrid•••••Chicago•GFSan Diego••Washington, D.C.• Budapest GF Cozumel GF Auckland GF••• Rotterdam GF Leeds •••• Londres ••• GF •• Nottingham• Estocolmo •••••• Lausana • GF Cidade do Cabo ••• Yokohama••••••••••Número de carreiras 8 7 8 8 8 8 10 9 9 9 8 1
Edicións
Categoría masculina Ano 18px|Ouro Ouro 18px|Prata Prata 18px|Bronce Bronce 2020 Vincent Luis Vasco Vilaça Léo Bergere 2019 Vincent Luis Mario Mola Xavier Gómez Noya 2018 Mario Mola Vincent Luis Jacob Birtwhistle 2017 Mario Mola Xavier Gómez Noya Kristian Blummenfelt 2016 Mario Mola Jonathan Brownlee Fernando Alarza 2015 Xavier Gómez Noya Mario Mola Vincent Luis 2014 Xavier Gómez Noya Mario Mola Jonathan Brownlee 2013 Xavier Gómez Noya Jonathan Brownlee Mario Mola 2012 Jonathan Brownlee Xavier Gómez Noya Dmitry Polyanskiy 2011 Alistair Brownlee Jonathan Brownlee Xavier Gómez Noya 2010 Xavier Gómez Noya Steffen Justus Brad Kahlefeldt 2009 Alistair Brownlee Xavier Gómez Noya Maik Petzold 2008 Xavier Gómez Noya Bevan Docherty Reto Hug 2007 Daniel Unger Xavier Gómez Noya Brad Kahlefeldt 2006 Tim Don Hamish Carter Frédéric Belaubre 2005 Peter Robertson Reto Hug Brad Kahlefeldt 2004 Bevan Docherty Iván Raña Dmitriy Gaag 2003 Peter Robertson Iván Raña Olivier Marceau 2002 Iván Raña Peter Robertson Andrew Johns 2001 Peter Robertson Chris Hill Craig Watson 2000 Olivier Marceau Peter Robertson Craig Watson 1999 Dmitriy Gaag Simon Lessing Miles Stewart 1998 Simon Lessing Paul Amey Miles Stewart 1997 Chris McCormack Hamish Carter Simon Lessing 1996 Simon Lessing Luc Van Lierde Leandro Macedo 1995 Simon Lessing Brad Beven Ralf Eggert 1994 Spencer Smith Brad Beven Ralf Eggert 1993 Spencer Smith Simon Lessing Hamish Carter 1992 Simon Lessing Rainer Müller Rob Barel 1991 Miles Stewart Rick Wells Mike Pigg 1990 Greg Welch Brad Beven Stephen Foster 1989 Mark Allen Glenn Cook Rick Wells
Categoría feminina Ano 18px|Ouro Ouro 18px|Prata Prata 18px|Bronce Bronce 2020 Georgia Taylor-Brown Flora Duffy Laura Lindemann 2019 Katie Zaferes Jessica Learmonth Georgia Taylor-Brown 2018 Vicky Holland Katie Zaferes Georgia Taylor-Brown 2017 Flora Duffy Ashleigh Gentle Katie Zaferes 2016 Flora Duffy Gwen Jorgensen Ai Ueda 2015 Gwen Jorgensen Andrea Hewitt Sarah True 2014 Gwen Jorgensen Sarah Groff Andrea Hewitt 2013 Non Stanford Jodie Stimpson Anne Haug 2012 Lisa Nordén Anne Haug Andrea Hewitt 2011 Helen Jenkins Andrea Hewitt Sarah Groff 2010 Emma Moffatt Nicola Spirig Lisa Nordén 2009 Emma Moffatt Lisa Nordén Andrea Hewitt 2008 Helen Tucker Sarah Haskins Samantha Warriner 2007 Vanessa Fernandes Emma Snowsill Laura Bennett 2006 Emma Snowsill Vanessa Fernandes Felicity Abram 2005 Emma Snowsill Annabel Luxford Laura Bennett 2004 Sheila Taormina Loretta Harrop Laura Bennett 2003 Emma Snowsill Laura Bennett Michelle Jones 2002 Leanda Cave Barbara Lindquist Michelle Dillon 2001 Siri Lindley Michelle Jones Joanna Zeiger 2000 Nicole Hackett Carol Montgomery Michelle Jones 1999 Loretta Harrop Jackie Gallagher Emma Carney 1998 Joanne King Michelle Jones Evelyn Williamson 1997 Emma Carney Jackie Gallagher Michelle Jones 1996 Jackie Gallagher Emma Carney Carol Montgomery 1995 Karen Smyers Jackie Gallagher Joy Leutner 1994 Emma Carney Anette Pedersen Sarah Harrow 1993 Michelle Jones Karen Smyers Joanne Ritchie 1992 Michelle Jones Joanne Ritchie Melissa Mantak 1991 Joanne Ritchie Terry Smith Michelle Jones 1990 Karen Smyers Carol Montgomery Joy Hansen 1989 Erin Baker Jan Ripple Laurie Samuelson
Palmarés total por países
Masculino Países 18px|Ouro Ouro 18px|Prata Prata 18px|Bronce Bronce 10 6 3 6 6 2 6 6 7332 2 1 3 1 1 1 5 3 1 1 1 2 3 1 1 2 1 1 1 1 1 1
Feminino Países 18px|Ouro Ouro 18px|Prata Prata 18px|Bronce Bronce 13 9 5 7 9 12 5 2 3 2 2 5 21 1 1 1 1 1 1 4 2 1 2 1 1 1
Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Tríatlon Campionato do Mundo de Ironman
Ligazóns externas Web da Unión Internacional de Tríatlon
Notas
Categoría:Campionatos do mundo de tríatlon