O Óscar á mellor actriz é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles. Entrégase a unha actriz que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado polo gañador do Óscar ao mellor actor na edición anterior.

A cerimonia da 1ª edición dos Óscar tivo lugar en 1929, e nela Janet Gaynor gañou o permio polas súas interpretacións en 7th Heaven, Street Angel e Sunrise. Actualmente, as candidaturas determínanse mediante voto singular transferible entre os membros da rama de intérpretes da Academia. As gañadoras elíxense mediante voto plural entre todos os membros con dereito a voto da Academia. Nas primeiras tres edicións dos premios, as actrices eran candidatas por todo o seu traballo durante o período (ata por tres filmes nalgúns casos). Porén, durante a 3ª cerimonia, de 1930, só se citou un filme no premio final, aínda que a gañadora tivese varios filmes na candidatura.

O ano seguinte, o sistema, complexo e pouco manexable, foi substituído polo actual, en que unha actriz é candidata por unha interpretación específica nun único filme. A partir da 9ª cerimonia, de 1937, a categoría limitouse a cinco candidaturas. Unha actriz foi candidata postumamente, Jeanne Eagels.

Galardoadas por ano miniatura|120px|Janet Gaynor foi a primeira gañadora da categoría polas súas interpretacións en 7th Heaven (1927), Sunrise: A Song of Two Humans (1927) e Street Angel (1928).|alt=Publicity photo of Janet Gaynor for Argentinean Magazine in 1931. miniatura|120px|Katharine Hepburn ten o récord de vitorias na categoría polos seus papeis en Morning Glory (1933), A que non sabes quen vén cear esta noite? (1967), The Lion in Winter (1968) e On Golden Pond (1981).|alt=Black-and-white photo of Katharine Hepburn circa 1941. miniatura|120px|Frances McDormand, gañou o premio en tres ocasións: 1996, 2017 e 2020 miniatura|120px|Claudette Colbert foi a primeira actriz nada en Europa que gañou o premio, por It Happened One Night (1934)|alt=Publicity photo of Claudette Colbert. thumb|120px|Bette Davis gañou dous premios de dez candidaturas por Dangerous (1935) e Jezebel (1938).|alt=Black-and-white photo of Bette Davis from the 1938 film Jezebel. thumb|120px|Luise Rainer foi a primeira persoa en gañar dos premios consecutivos de interpretación, por The Great Ziegfeld (1936) e The Good Earth (1937). Gañounos con 27 e 28 anos, converténdoa na gañadora de dous Óscar máis nova.|alt=Black-and-white photo of Luise Rainer in 1941. alt=Black-and-white publicity photo of Sophia Loren in 1959.|miniatura|120px|Sophia Loren gañou polo seu papel en Dúas mulleres (1961), converténdose na primeira persoa en gañar por unha interpretación en lingua non inglesa. miniatura|120px|Con dezasete candidaturas, Meryl Streep é a muller máis veces candidata nesta categoría, gañando dúas veces, por Sophie's Choice (1982) e The Iron Lady (2011).|alt=Photo of Meryl Streep circa 1976 and 1979. miniatura|120px|Con vinte e un anos, Marlee Matlin converteuse na máis nova, e única actriz xorda en gañar, por Fillos dun deus menor (1986).|alt=Photo of Marlee Matlin in 2009. miniatura|120px|Con 80 anos, Jessica Tandy é a actriz de máis idade en gañar nesta categoría, por Paseando a Miss Daisy (1989).|alt=Publicity photo of Jessica Tandy in the 1950s. thumb|120px|Halle Berry gañou por Monster's Ball (2001), converténdose na primeira e única actriz negra que gañou nesta categoría.|alt=Photo of Halle Berry at the 2017 San Diego Comic-Con International. miniatura|120px|Marion Cotillard gañou por interpretar a Édith Piaf en La Môme (2007), converténdose na primeira persoa en gañar por un filme en francés.|alt=Photo of Marion Cotillard at the 2017 Cabourg Film Festival. miniatura|150px|Natalie Portman, Óscará mellor actriz en 2010. miniatura|150px|Sandra Bullock, Óscará mellor actriz en 2009. miniatura|150px|Helen Mirren, Óscará mellor actriz en 2006. miniatura|150px|Reese Witherspoon, Óscará mellor actriz en 2005. Indícase en letra grosa as galardoadas que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.