Peter Bernard Luccin, nado en Marsella o 9 de abril de 1979, é un exfutbolista francés. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Empezou xogando no Cannes, debutando o 24 de agosto de 1996 nun partido contra o Montpellier que rematou con vitoria (0–1). Máis tarde militou en varios equipos franceses: Girondins de Bordeos, Olympique de Marsella e Paris Saint Germain.

En 2001 chegou á liga española de fútbol para xogar co Celta de Vigo. Debutou na Primeira división da liga española o 26 de agosto de 2001 no partido Osasuna 0 - 3 Celta. Co Celta de Vigo xoga tres tempadas, disputando 97 partidos de liga.

En 2004 ficha polo Atlético de Madrid. Na súa primeira tempada, disputa 29 partidos de liga sen marcar ningún gol. Na 2005-2006 (ás ordes de Bianchi), Peter Luccin xoga outros 29 partidos e consegue anotar dous goles. Na súa última tempada de branquivermello (con Javier Aguirre á cabeza) xogou 31 partidos, sendo un dos artífices da gran primeira volta do Atlético. O club acabou sen conseguir os seus obxectivos e no verán xoga a Intertoto Cup, conseguindo así, tras gañar a final ao Gloria Bistrita, meterse na Copa da UEFA para a tempada 2007-2008.

O día de peche de inscricións do verán de 2007 é traspasado ao Real Zaragoza por 3 tempadas. O conxunto estaba dirixido polo adestrador Víctor Fernández, quen xa contara co xogador cando dirixía o Celta de Vigo.

Clubs

ClubCategoríaAnoPartidosGolesAs Cannes FootballLiga francesa1995/1996130Girondins de BordeauxLiga francesa1996/1997110Girondins de BordeauxLiga francesa1997/1998300Olympique de MarsellaLiga francesa1998/1999231Olympique de MarsellaLiga francesa1999/2000281Paris Saint GermainLiga francesa2000/2001261Celta de VigoPrimeira División2000/2001331Celta de VigoPrimeira División2001/2002351Celta de VigoPrimeira División2003/2004295Atlético MadridPrimeira División2004/2005290Atlético MadridPrimeira División2005/2006292Atlético MadridPrimeira División2006/2007310Real ZaragozaPrimeira División2007/2008S/DS/D

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do AS Cannes Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do FC Lausanne-Sport Categoría:Xogadores do FC Dallas Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Marsella