miniatura|Manifestación de sufraxistas na cidade de Nova York, 1912. miniatura|300px|dereita|Antisufraxistas nos Estados Unidos.
O movemento internacional polo sufraxio feminino, levado a cabo polas sufraxistas, foi un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do sufraxio (isto é, o dereito a votar) ás mulleres, avogando polo «sufraxio igual» (abolición da diferenza de capacidade de votación por xénero) en lugar do «sufraxio universal» (abolición da discriminación debida principalmente á raza), xa que este último era considerado demasiado revolucionario.
Liña temporal O sufraxio feminino foi aprobado (e revogado) varias veces en distintos países do mundo. Nalgúns países como Estados Unidos ou Suráfrica o sufraxio feminino autorizouse antes que o sufraxio universal; así, unha vez concedido este ós homes e mulleres brancos, aínda se lles seguía negando o dereito a votar a homes e mulleres doutras razas. Porén, na maioría de países o sufraxio feminino foi o que levou ao universal.
En 1776 en Nova Jersey autorizouse accidentalmente o primeiro sufraxio feminino (empregouse accidentalmente a palabra «persoas» no canto de «homes»), aínda que se aboliu en 1807.
En 1838 aprobouse o sufraxio feminino (coas mesmas características propias que o masculino) nas illas Pitcairn.
En 1853 aprobouse o sufraxio feminino na provincia de Vélez (no actual departamento colombiano de Santander). Foi o primeiro caso nun país independente; non obstante foi revogado no ano 1857 e restablecido o 25 de agosto de 1954 pero, como o país vivía a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, só puido poñerse en práctica a partir de 1957.
Na segunda metade do século XIX, varios países e estados recoñeceron un tipo de sufraxio feminino restrinxido comezando por Australia do Sur en 1861.
En 1869, o Territorio de Wyoming converteuse no primeiro estado dos EUA onde se instaurou o «sufraxio igual» (sen diferenzas de xénero) aínda que non era sufraxio universal, xa que non podían votar os homes e mulleres de pel negra.
En 1893 aprobouse en Nova Zelandia o primeiro sufraxio feminino sen restrinxir, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard. De tódolos xeitos, ás mulleres só se lles permitía votar sen poder presentarse ás eleccións. Só puideron presentarse a partir de 1919 a ser elixidas para un cargo político.
O primeiro país en ofrecer o sufraxio universal (e tamén permitir ás mulleres presentarse ás eleccións para o parlamento) foi Australia do Sur en 1902 (segundo outros en 1894) e Tasmania en 1903.
Lista comparativa de países con sufraxio feminino (por orde de aprobación)
Países Dereito masculino ao voto en eleccións nacionais Voto das mulleres en igualdade cos homes 1879 1893 1901 1902 1906 1906 1898 1913 1920 1915 (dende 1908 podían votar as mulleres de máis de 25 anos e que pagasen impostos) 1830 1917 (votan por primeira vez o 3 de xullo de 1927) ? 1918 ? 1918 ? 1918 1918 1918 ? 1919 ? 1919 1867 1919 1909 1919 1917 1919 ? 1920 ? 1920 1920 1920 1918 1928 (dende 1918 podían votar as mulleres maiores de 30 anos) ? 1929 1869 1931 ? 1934 1924 1934 1936 1937 (gañado en 1935 cun referendo, 95% a favor) ? 1939 1920 1940 (en Quebéc. De 1916 a 1922 no resto do país) ? 1942 ? 1944 1848 1944 ? 1945 ? 1945 1919 1945 ? 1946 ? 1946 1925 1946 ? 1947 ? 1947 1912 1947 1946 1947 ? 1948 ? 1948 1919 1948 (dende 1920 as mulleres podían votar nas eleccións comunais) 1935 1949 (dende 1935 as mulleres podían votar en eleccións municipais) ? 1949 ? 1950 ? 1950 ? 1951 ? 1951 ? 1951 ? 1951 ? 1951 ? 1952 ? 1952 ? 1952 India 1950 1950 ? 1953 1909 17 de outubro de 1953 (dende 1947 en eleccións municipais) ? 1954 ? 1954 ? 1955 ? 1955 ? 1955 ? 1955 ? 1955 ? 1955 ? 1956 1957 (dende 1853, na provincia de Vélez -Santander-, podían votar. En 1857 perderon o dereito ao voto ao formarse o Estado de Santander. Recuperándoo de novo o 25 de agosto de 1954 e poñéndoo en práctica dende 1957). ? 1961 1889 1961 ? 1962 ? 1962 ? 1963 ? 1963 ? 1964 1870 1965 (dende 1920 podían votar só as mulleres de pel branca) 1848 1971 ? 1971 (dende 1931 podían votar as mulleres coa escola secundaria completa) ? 1984 ? 1986 ? 1986 ? 1990 1994 1994 (dende 1930 podían votar só as mulleres de pel branca) ? 2003 ? 2005
Listaxe de países sen sufraxio feminino Na actualidade, algúns países non recoñecen o sufraxio ás mulleres. E se o recoñecen (como no Líbano), fano dun xeito diferente ós homes. A seguinte listaxe non inclúe os países que non permiten o sufraxio nin a homes nin a mulleres:
border|20px Arabia Saudita border|20px Brunei Darussalam border|20px Emiratos Árabes Unidos border|20px Líbano: De 1952 a 1957, as mulleres requiren unha proba educativa, os homes non. O voto era obrigatorio para os homes e opcional para as mulleres durante estes cinco anos.
Sufraxistas Os e as sufraxistas foron a miúdo membros de diferentes asociacións co mesmo obxectivo, aínda que usando diferentes tácticas. Por exemplo, as sufraxistas británicas caracterizábanse por un tipo de defensa máis combativa. Noutros países o sufraxio feminino logrouse dende as institucións do estado mediante leis que foron impulsadas directamente por mulleres na política como o caso de España con Clara Campoamor ou a Arxentina con Eva Perón.
Os primeiros obxectivos do movemento feminista seguiron sendo os mesmos: a incorporación da muller ao traballo durante a primeira guerra mundial, o dereito de voto, a mellora da educación, a capacitación profesional, a apertura de novos horizontes laborais, a equiparación de sexos na familia como medio de evitar a subordinación da muller e a dobre moral sexual. A gran novidade viu da ampla mobilización colectiva que soubo dirixir o movemento sufraxista en determinados países.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Democracia Electorado Sufraxio Sufraxio universal
Ligazóns externas Sufraxio Universal, Fraude da Esquerda. Artigo de Inés Maldonado en Debate 21 Sufraxio feminino en Alemaña - 19 de xaneiro 1919 - primeiro sufraxio feminino en Alemaña.
Categoría:Sistemas electorais Categoría:Feminismo