Xesús Emilio Pisón Villapol, nado en Ferreira do Valadouro en 1954, é un autor dramático galego.
Traxectoria Aos nove anos trasladouse á Coruña. Aos dezaseis ligouse ao mundo teatral, participando como actor no grupo Os Cans Ceibes, adscrito a Teatro Circo. Cultivou a poesía e a narrativa. Co tempo decantouse pola escrita teatral, cunha variada produción. Publicou, ademais, ensaios sobre teatro, literatura e mitoloxía, e realiza traballos escenográficos, deseños de vestiario, carteis de espectáculos e ilustracións de libros e revistas teatrais.
As súas obras foron levadas a escena, entre outras, pola Compañía Luís Seoane, a Escola Dramática galega, Teatro do Alvardán, Clube Teatral Elsinor , G. T. Badius, Uvegá Teatro ou 8días Teatro.
Colaborou en medios e publicacións periódicas como A Nosa Terra, O Correo Galego, Escaramuza, Grial, Casahamlet, Luzes de Galicia, Arlequín, Sermos Galiza, Galicia Hoxe, Asociación de Directores de Escena de España, Nós Diario ou Revista Galega de Teatro.
Obra Teatro O Xigante Don Gandulfo, Señor de Tentequedo (1980, Cadernos da Escola Dramática Galega). O pauto (1983, Cadernos da Escola Dramática Galega). O rei aborrecido (1984, Colección Castrodouro). Santuario (1997, Editorial Sotelo Blanco) Ei, Feldmühle! (1991,Publicacións Deputación da Coruña) (Traducida ao castelán, 2019). Antoine de Lévaillant (1993, Elsinor Teatro) María e Flora (1993, Elsinor Teatro) Venenos (1994, Publicacións Deputación da Coruña) (Traducida ao castelán, 2020). O inmortal (1994, Revista Agalia) Viva Peter Pan (1995, Publicacións da AS-PG). Teatro-minuto (1996, Cadernos de Teatro). Tatuaxes (1998, Art Teatral) (Traducida ao castelán, 1998). O cuarto de Ofelia (1999, Revista de Teatro Casahamlet) Quero ser Hamlet (1999, Revista de Teatro Casahamlet) Crisálidas (2000, Cadernos de Teatro). O libro, carta a María Casares (2001, Revista de Teatro Casahamlet) Home e muller preñada (2001, Revista Galega de Teatro) Venus podre (2001, Revista Galega de Teatro) Animal / Vacío (2002, Cadernos de Teatro). O milagre de Baíñas (2003, Edicións Fervenza). Os ollos (2003, Edições Tema, Lisboa). Escena de Lisístrata para Psicosis González (2005, Galicia Hoxe) Cóxegas (2005, Laiovento). Noite invadida (2005, Publicacións Universidade da Coruña) A túa boneca (2007, Revista de Teatro Casahamlet). O regreso (2007, Galicia Hoxe) A cloaca (2007, Galicia Hoxe) Peza de Frankenstein (2010, Revista de Teatro Casahamlet) Tania e 2009 (2013, Revista Galega de Teatro) Materna (2020, Revista Galega de Teatro, nº 100) Lúas do Orzán (2024). Santiago: Edicións Laiovento. 296 páxs. ISBN 978-84-8487-691-5. Escolma que inclúe: prólogo Carta a María Casares, Como Jekyll e Hyde, A Vía Láctea, Tatuaxes, Materna, animal VACÍO, Ollos, e Danza da mentira. Danza da mentira (2ª versión), 2025, Cadernos do SEVA, nº 17.
Literatura infantil-xuvenil O pintor do vento (1985, Galaxia). Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao aranés. A porta prohibida (1985, Galaxia). O demo presumido (1987, Galaxia). Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao aranés.
Ensaio Memoria da Esfinxe (2002, Casahamlet). Hamlet ADN (2005, A Nosa Terra) A man rota (2005, A Nosa Terra) Nós (2005, Galicia Hoxe) Edipo de Neve (2013, Sermos Galiza) A Casa (2013, Sermos Galiza) Espellos (2013, Sermos Galiza) CANCIÓN mitoloxía da NAI no Valadouro (2014, Cadernos do SEVA) (Traballo ampliado na web Galicia Encantada, 2026). Nais (2015, Sermos Galiza) Alborada de Edipo (2020). Edicións Laiovento. 191 páxs. ISBN 978-84-8487-482-9. Filomena, María, Ana e outras deusas (2021, Cadernos do SEVA) (Traballo ampliado no Facebook do SEVA, 2026)
Publicacións conxuntas Monólogos (1987, Editorial Sotelo Blanco). Teatro. Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Ediciós do Castro). Poesía. O camiño das estrelas (1993, Elsinor Teatro). Teatro. Contos do Valadouro (1998, A Nosa Terra). Recompilación de literatura popular. Contos do Valadouro (1999. A Nosa Terra). Recompilación de literatura popular. Contos do Valadouro (2005. Ediciós do castro). Recompilación de literatura popular. Contos do Valadouro (2025. Edicións Embora). Recompilación de literatura popular. Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010, Deputación de Lugo). Investigación. Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro (2019, Deputación de Lugo). Investigación. Cancioneiro do Valadouro (2026. Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro). Recompilación de cántigas populares.
Premios Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho, 1980, por O país dos ríos. Premio de narrativa Meigas e Trasgos, Sarria, Lugo, 1980, por A chave de don Román. Premio do Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega, 1983, por O pauto. Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho, 1984, por O demo presumido. Premio de teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña, 1991, por Ei, Feldmülhe! Premio de teatro Rafael Dieste, 1994, por Venenos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Nados en 1954