InfiltradosPromoción do filme na TVG". (en ) é un filme de suspense dirixido por Martin Scorsese en 2006, gañador do Premio Oscar á mellor película na entrega número 79 dos premios da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Martin Scorsese recibiu o Oscar ó mellor director, Thelma Schoonmaker o Oscar á mellor montaxe e William Monahan o Oscar ó mellor guión adaptado, todos polo seu respectivo labor neste filme.
Trátase do remake americano do aclamado filme hongkonés de 2002, Mou gaan dou (Wu jian dao), tamén coñecido coma Infernal Affairs.
Sinopse
The Departed está ambientada no sur de Boston, onde a policía estatal está en guerra co crime organizado. O Departamento de Policía de Massachussets enfróntase á maior banda de crime organizado da cidade e a estratexia consiste en acabar dende dentro co poderoso xefe da mafia Frank Costello (Jack Nicholson). O encargado de infiltrarse na súa banda é o novato Billy Costigan (Leonardo DiCaprio). Mentres Billy tenta gañar a confianza de Costello, outro mozo policía, Colin Sullivan (Matt Damon), ascende rapidamente e ocupa un posto na Unidade de Investigacións Especiais, grupo de elite que ten por misión acabar con Costello. Pero o que os seus superiores non saben é que Collin traballa para este.
Cada home é consumido profundamente pola súa dobre vida, reunindo información sobre os plans e as medidas en contra das operacións que penetrou. Pero cando os mafiosos e a policía se decatan de que teñen un espía entre eles, de súpeto Billy e Collin corren o perigo de seren capturados e expostos ó inimigo.
Personaxes Leonardo DiCaprio como Billy Costigan Matt Damon como Colin Sullivan Jack Nicholson como Frank Costello Mark Wahlberg como o Sarxento Dignam Martin Sheen como o Capitán Queenan Vera Farmiga como Madolyn Ray Winstone como Sr. French Anthony Anderson como Brown Alec Baldwin como o Capitán Ellerby
Premios Oscar 2006 Categoría Acode Resultado Mellor película Gañadora Mellor director Martin Scorsese Gañador Mellor guión adaptado William Monahan Gañador Mellor montaxe Thelma Schoonmaker Gañadora Mellor actor secundario Mark Wahlberg Nomeado
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Infiltrados: críticas e votacións de usuarios en FilmAffinity
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Martin Scorsese Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Media Asia Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes producidos por Brad Pitt Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes ambientados en 1986 Categoría:Filmes ambientados en 2006 Categoría:Filmes ambientados en 2007 Categoría:Filmes de espionaxe Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego