Iomar do Nascimento, coñecido como Mazinho, nado o 8 de abril de 1966 en Santa Rita (Paraíba), é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira.
Traxectoria Iniciouse no Santa Cruz Futebol Clube. Despois xogou noutro equipo do seu país natal, o Vasco da Gama para logo estar dous anos en Italia e chegar a España fichado polo Valencia CF.
O seu seguinte equipo foi Real Club Celta de Vigo, no que xogou durante varias temporadas converténdose nun dos xogadores máis queridos pola afección celeste.
Aínda que tras deixar o Celta pasou por outros dous equipos españois (Elche CF e Deportivo Alavés) antes de decidir retirarse, seguiu vivindo en Vigo tras colgar as botas e mesmo chegou a crear unha escola de fútbol.
Selección nacional Foi internacional coa Selección de fútbol do Brasil 35 veces (Xogadores con máis partidos na Selección de fútbol do Brasil
Carreira de adestrador En xaneiro de 2009 foi presentado como novo adestrador do Aris Salónica FC, substituíndo ao español Quique Hernández."Mazinho sustituye a Quique Hernández como entrenador del Aris de Salónica" Foi substituído polo ex-adestrador do Valencia CF Héctor Cúper en novembro de 2009.
Persoal É o pai de Thiago Alcântara e Rafa Alcântara, xogadores do Liverpool FC e do Paris Saint-Germain respectivamente
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCampionato CariocaVasco da GamaBrasil1987, 1988Taça GuanabaraVasco da GamaBrasil1987, 1990Campionato Brasileiro de Serie AVasco da GamaBrasil1989Campionato Brasileiro de Serie APalmeirasBrasil1993, 1994Campionato PaulistaPalmeirasBrasil1993, 1994Torneo Rio-São PauloPalmeirasBrasil1993
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en nationa-football-teams.com
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados no estado da Paraíba Categoría:Futbolistas olímpicos do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do SE Palmeiras Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do EC Vitória Categoría:Adestradores de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do US Lecce Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Brasil Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América