Belle Époque é unha película de cine española dirixida por Fernando Trueba no ano 1992. É a segunda película española galardoada co Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e 9 Premios "Goya" da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, sendo unha das películas máis premiada.

Trátase dunha cinta coral, enxeñosa e enmarcada nunha época que, pese ó título da película, non está encadrada nos anos 20, senón nos días previos e posteriores á proclamación da Segunda República Española. Penélope Cruz, Ariadna Gil, Gabino Diego, Agustín González, Maribel Verdú, Chus Lampreave ou Fernando Fernán Gómez son algúns dos protagonistas.

Sinopse

A película transcorre nunha pequena localidade castelá durante o inverno de 1931, en vésperas de que sexa declarada a II República e de que o rei Afonso XIII abandonase o país (a monarquía non se restaura ata 1975 co rei Juan Carlos I, neto de Afonso XIII).

Durante os últimos meses da monarquía, logo da rebelión fracasada do cuartel de Jaca, o novo soldado Fernando deserta do exército. Na súa fuxida é acollido por Manolo, un artista que vive illado da realidade que golpea España e que lle ofrece a súa axuda, a súa casa e a súa amizade. A chegada das catro preciosas fillas do artista fará que o novo desertor se embarque nunha aventura na que namora a unha irmá tras outra. É unha comedia romántica que salienta a liberdade da mocidade e insire unha paréntese nos graves acontecementos que marcaron o destino do país.

Personaxes

Jorge Sanz como Fernando Fernando Fernán Gómez como Manolo Miriam Díaz Aroca como Clara (acreditado como Miriam Díaz-Aroca) Ariadna Gil como Violeta Maribel Verdú como Rocío Penélope Cruz como Luz Gabino Diego como Juanito Michel Galabru como Danglard Agustín González como Don Luis Chus Lampreave como Doña Asun Mary Carmen Ramírez como Amalia Juan José Otegui como Garda (El cabo) Jesús Bonilla como Garda (El número) María Galiana como La Polonia Joan Potau como Paco (acreaditado como Juan Potau)

Premios LXVI edición dos Premios Oscar, 21 de marzo de 1994 Precandidata española ó Oscar, elixida pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España o 29 de outubro de 1993. Seleccionada como candidata ó Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa o 9 de febreiro de 1994. Categoría ResultadoOscar á mellor película de fala non inglesaGañadora VII edición dos Premios Goya, 14 de marzo de 1993 Categoría Persoa ResultadoMellor película Belle Époque GañadoraMellor directorFernando TruebaGañadorMellor actorJorge Sanz MirandaCandidatoMellor actrizAriadna GilGañadoraMellor actor secundarioFernando Fernán GómezGañadorMellor actor secundarioGabino DiegoCandidatoMellor actriz secundariaChus LampreaveGañadoraMellor actriz secundariaMary Carmen RamírezCandidataMellor guión orixinalRafael AzconaJosé L. García SánchezFernando TruebaGañadoresMellor fotografíaJosé Luís AlcaineGañadorMellor montaxeCarmen FríasGañadoraMellor dirección artísticaJuan BotellaGañadorMellor sonGeorges PratAfonso PiñeiroCandidatosMellor música orixinalAntoine DuhamelCandidatoMellor dirección de produciónCristina HueteCandidataMellor vestiarioLala HueteCandidataMellor maquillaxe e peiteadoAna LorenaAna FerreiraCandidatas Premios da Unión de Actores 1993

Categoría Persoa ResultadoMellor interpretación secundaria de cinePenélope CruzGañadoraMellor interpretación secundaria de cineGabino DiegoNomeado Outros "Premio Sant Jordi de cinematografía", outorgado por RNE, en 1993. Gran triunfadora na XLIII edición dos premios da revista Fotogramas (Fotogramas de prata), celebrados en marzo de 1993: "Mellor Película Española" "Mellor actriz de cine": Ariadna Gil (tamén foron nomeadas nesta categoría e polo seu traballo nesta película Penélope Cruz e Maribel Verdú). "Mellor actor de cine": Jorge Sanz Miranda Representou a España no Festival Internacional de Cine de Berlín, onde foi nomeada ó Oso de Ouro á mellor película. "Premio Calabuch" á mellor película española do ano polo Xurado do Festival Internacional de Cinema de Comedia de Peñíscola (Castelló), onde tamén conseguiiu os premios ó mellor actor (Agustín González), director e guión. "Premio do público Olivier de Bronce" do Festival do filme do mediterráneo de Bastia (Córsega) Premio BAFTA á mellor película de fala non inglesa.

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 66ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Belle Époque na páxina oficial de Fernando Trueba

Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes dirixidos por Fernando Trueba Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película