As Aru ou Arru, tamén coñecidas como Illas Aroe, son un grupo dunhas 95 illas en Indonesia, localizadas nas Molucas.
Os holandeses descubríronas para os occidentais en 1623, e as colonizaron como parte das Indias Orientais holandesas. A illa máis grande é Tanahbesar, e o principal porto é Dobo, na illa de Wamar. A poboación procede da mestizaxe entre elementos malaios e melanesios.
Como o resto das illas pertencentes ás Molucas, esta pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade ao estar entre o Sueste asiático e Oceanía.
Illa As maiores illas de norte a sur:
Warilau; Kola, con 270 km²; Wasir; Ujir Maluku; Tanahbesar (Wokam), con 1.604 km²; Kobroor, con 1.723 km²; Maikoor, con 398 km²; Koba, con 386 km²; Penambulai, con 125 km²; Baun; Barakan; Workai, con 152 km²; Trangan, con 2.149 km²;
400px|esquerda
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Indonesia