Punta Lagosteira, frecuentemente grafado Langosteira, é un promontorio localizado no concello de Arteixo, 7 km ao suroeste da cidade da Coruña. A morfoloxía do cabo, caracterizado pola súa costa esgrevia, viuse alterada recentemente pola construción do porto exterior da Coruña, iniciada en 2005.
Na parte occidental do cabo, onde se está a construír o porto, estaba situado o castro costeiro do Cociñadoiro"O drama (histórico) do Porto Exterior da Coruña", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 3 de novembro de 2010., que foi escavado antes da súa destrución. O xacemento funcionara como factoría fortificada especializada na metalurxia do bronce. A Autoridade Portuaria da Coruña comprometeuse a expoñer os achados unha vez acabadas as obras. En xuño de 2012 a Autoridade Portuaria e o Concello de Arteixo escolleron o parque do Monticaño como localización do centro de interpretación do castro de Cociñadoiro, aínda pendente de construír.
Historia miniatura|dereita|A refinería de petróleo de Repsol, no Polígono industrial A Grela - Bens (A Coruña). Vista dende Pastoriza. En 1964 inaugurouse a refinaría de Repsol entre os vales de Bens e Nostián, e o porto da Coruña, situado na ría, pasou a ser un porto petroleiro. Para a descarga dos buques petroleiros e carga dos produtos refinados construíuse un oleoduto que cruza o sur a cidade. A Coruña é a única cidade de Europa de máis de 50.000 habitantes atravesada por un oleoduto. A situación dunha terminal petroleira na ría da Coruña entraña un risco para a cidade e a navegación na zona.
En 1976 o Urquiola tocaba fondo provocando unha marea negra e en 1992 era o Aegean Sea o que encallaba e ardía preto da Torre de Hércules. En 2002 produciuse o accidente e afundimento do Prestige, que causou unha marea negra que afectou a toda a costa galega. O Prestige sufriu unha avaría que facía necesario un porto refuxio onde transvasar a carga e facer as reparacións que evitasen a perda do buque.
O accidente puxo de relevo a necesidade dun novo porto para afastar o tráfico petroleiro da cidade da Coruña e da canle de entrada ao porto. O lugar elixido foi o litoral entre punta Lagosteira e o encoro do Rexedoiro. O custo de obra sería pagado ao 40% pola Unión Europea, o 30% polo Ministerio de Fomento e o restante 30% pola Autoridade Portuaria da Coruña. A liberación de superficie no porto permitiría a venda de terreos que serían recualificados para un uso urbanístico.
As obras en punta Lagosteira iniciáronse en 2005El puerto de los mil millones de euros. El País .. O primeiro buque en empregar punta Lagosteira como porto foi o Blue Marlin durante as operacións de carga do HMAS Canberra en 2012. As actividades de estiba portuaria comezaron en setembro de 2012 coa carga do buque Hammonia Korsika con 35.000 toneladas de clínkerCargan el primer mercante que partirá de punta Langosteira La Voz de Galicia. e outro cargueiro con pezas metálicas fabricadas por Horta Coslada en SabónLos pontones para Senegal comienzan a llegar a Langosteira La Voz de Galicia..
A obra do porto exterior está a ser feita pola UTE (Unión Temporal de Empresas) Langosteira, formada por DRAGADOS, SATO, FPS e COPASA.
Accidentes na construción miniatura|300px|Porto Exterior da Coruña visto dende punta Lagosteira. En novembro de 2010, 200 metros de dique foron danados por ondas de ata 17 metrosEl oleaje daña 200 metros del dique principal de Langosteira La Opinión. En 2011 morreran cinco traballadores nas obras do porto exteriorCinco vidas en seis años elidealgallego.com .. En 2012 a Fiscalía solicitou dous anos e dez meses de prisión para cada un dos nove procesados como responsables do accidente en que morreu un traballador o 19 de xullo de 2005Nueve procesados por un accidente mortal en las obras del puerto exterior La Opinión ..
Operadores Dende a súa inauguración o porto exterior foise ocupando dando servizo a diversos operadores e para cargas.
Pérez Torres Galigrain Bombeos y Transportes Carral Terminales Marítimos de Galicia (TMGA) Los primeros ingresos de punta Langosteira Beijing 3E, concesión caducadahttp://elprogreso.galiciae.com/noticia/140514/la-lluvia-de-millones-china-llegara-langosteira-en-tres-anos elprogreso.galiciae.com Pemex (sen actividade) Repsol (en proxecto) Deep Water Oil Transhipment HubEl octavo usuario de Langosteira laopinioncoruna.es (en trámite)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Arteixo Langosteira Langosteira Langosteira Categoría:Transporte na provincia da Coruña