Finding Nemo é un filme estadounidense de animación dixital da compañía Pixar Animation Studios do ano 2003, gañador dun Oscar ó mellor filme de animación entre moitos outros premios. Estreouse nos Estados Unidos o 30 de maio de 2003. O guión baséase nun argumento de Andrew Stanton.
Sinopse Nemo é un pequeno peixe pallaso, o único fillo que lle quedou a Marlin despois de que unha barracuda atacase a anemone onde vivía e acabase coa súa parella e con case toda a súa prole. A partir deste acontecemento, Marlin encárgase de coidar o seu fillo de forma esaxeradamente protectora, o que dá lugar a que Nemo se rebele e emprenda unha aventura aproveitando unha excursión do colexio. Nemo, no seu afán de amosar a súa valentía e capacidade de desenvolverse a pesar de ter unha aleta atrofiada, é atrapado por un mergullador cunha rede e acaba no acuario dun dentista na cidade de Sidney para ser o agasallo da sobriña do doutor, Dala.
Desde entón o seu pai emprende unha longa procura para dar con pistas que lle leven a recuperar ó fillo. No camiño úneselle un peixe de pouca memoria chamado Dory. Os dous xuntos teñen que enfrontarse a multitude de problemas entre os que se atopan as quenllas vexetarianas, as medusas, unha balea, coa cal falan en "Cetáceo", e as gaivotas. Durante a súa viaxe tamén reciben a axuda doutros personaxes entre os que se atopan as simpáticas tartarugas.
Mentres, Nemo establece unha grande amizade cos peixes que habitan dentro do acuario e xuntos urden un plan para escapar e regresar ó mar.
Personaxes
Albert Brooks como Marlin Ellen DeGeneres como Dory Alexander Gould como Nemo Willem Dafoe como Gill Brad Garrett como Bloat Allison Janney como Peach Austin Pendleton como Gurgle Stephen Root como Bubbles Vicki Lewis como Deb Joe Ranft como Jacques Geoffrey Rush como Nigel John Ratzenberger como o Moonfish da escola Andrew Stanton como Crush Nicholas Bird como Squirt Bob Peterson como Mr. Ray Barry Humphries como Bruce Eric Bana como Anchor Bruce Spence como Chum Jordy Ranft como Tad Erica Beck como Pearl Erik Per Sullivan como Sheldon Bill Hunter como Dr. Philip Sherman LuLu Ebeling como Darla Elizabeth Perkins como Coral Rove McManus como Cangrexo araña
Secuela En 2016 foi feito outro filme de animación por ordenador continuando a historia de Nemo e Dory, protagonizado polas mesmas voces voces de Ellen DeGeneres e Albert Brooks, titulado Finding Dory. Tamén foi producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures, igualmente dirixido e coescrito por Andrew Stanton, codirixido por Angus MacLane e coescrito por Victoria Strouse. O filme ten novos personaxes, coas voces de Diane Keaton e Eugene Levy.
Galardóns 2003: Oscar ó mellor filme de animación
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Capitán Nemo Nemo (nome)
Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Óscar ó mellor filme de animación Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andrew Stanton Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en Sydney Categoría:Filmes sobre tiburóns Categoría:Filmes sobre peixes