Tabueran, tamén coñecido como Illa Fanning, é un atol de coral do grupo das illas da Liña, pertencentes á República de Kiribati, no océano Pacífico central. Ten unha altitude máxima de 3 metros sobre a marea alta, e unha superficie aproximada de 33,7 km² cunha lonxitude duns 18 km e uns 11 km de ancho. O atol inclúe 3 illas principais e varias illas pequenas.

Foi descuberto polo norteamericano Edmund Fanning en 1798, mentres negociaba entre Chile e a China. O nome, derivado do polinesio Tapuaerangi, recorda a súa forma de pisada. Tamén se coñeceu como illa American.

Hai algúns restos que indican que fora habitado por polinesios de Tonga no século XV. Hoxe en día ten unha poboación de 2.539 habitantes, que se estableceron para a produción de copra, repartidos en 9 pobos Napari (capital), Aontenaa, Aramari, Betania, Mwanuku, Paelau, Tenenebo, Tereitaki e Tereitannano. Con terra importada de Hawai hoxe tamén se cultivan froitas.

Nº Vila Poboación(Censo 2005) 1 Napari (Nabari) 194 2 Tereitaki 438 3 Betania 260 4 Paelau (Napia, English Harbour) 250 5 Aontenaa (Aontena) 177 6 Tenenebo 461 7 Tereitannano (Tereitaki) 249 8 Aramari 358 9 Mwanuku (Manuku) 152   Tabuaeran 2539

Categoría:Illas da Liña Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Atois de Kiribati