miniatura| miniatura| IPV (Investigación y Proyectos de Vehículos Especiales SA) foi unha marca galega de camións 4x4 con sede na Pontenova, provincia de Lugo.

Traxectoria A súa compañía matriz, Mafsa (Miranda, Alonso y Fernández), comezou no 1965 coma un consorcio de tres talleres de automoción que estiveran durante anos arranxando pequenos camións 4x4 lixeiros italianos herdados da guerra civil española, e incorporándolles motores diésel.

O primeiro modelo Mafsa foi un camión de eixo estreito equipado con motores Barreiros ou Perkins. Estaban especificamente deseñados para a industria madeireira galega e foron alcumados carroceta.

Como Mafsa non tiña distribuidores, as carrocetas vendíanse só na fábrica. Porén o éxito permitiulle a Mafsa expandirse cara a camións 4x4 multiúsos, que estaban moi demandados daquela para usos contra o lume e na construción. Foi daquela cando estableceron unha rede de distribuidores e se consolidaron coma marca, que no 1972 foi renomeada IPV.

A gama IPV medrou ata os vehículos de 270cv e 24 toneladas, namentres que os motores OEM foron substituídos por motores MAN. Tamén as cabinas foron redeseñadas e modernizadas. Tamén concibiron algúns modelos especiais coma un camión bimodal estrada-camiño de ferro e un tractor de peirao para empurrar por semi-trailers.

IPV presentou suspensión de pagos en agosto de 2006, se ben en momento ningún parou a súa produción. A empresa pechou en febreiro de 2013.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Uro (automoción) Ligazóns externas Páxina web de IPV

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Fabricantes de automóbiles de España