A provincia Central é unha das nove provincias das Illas Salomón, no océano Pacífico. Comprende as illas Florida, as Illas Russell e a Illa de Savo. A capital da provincia é a poboación de Tulagi, situada na illa do mesmo nome, no grupo das illas Florida. A provincia ten unha extensión de 615 km², sendo a menor das nove que forman o país. A poboación en 2009 era de 26.051 habitantes, o que facía unha densidade de poboación de 42 habitantes/km², sendo a provincia máis densamente poboada do país.

Divisións administrativas A provincia Central está subdividida nos seguintes barrios:

Provincia Central (26.051) Sandfly/Buenavista (3.226) Gela Occidental (2.220) Gela Oriental (2.026) Tulagi (1.251) Gela suroeste (2.586) Sueste Gela (1.662) Gela Nordeste (2.118) Noroeste de Gela (1.722) Banika (2.019) Pavuvu (1.956) Lovukol (2.128) Savo Norte (1.520) Savo Sur (1.617)

Illas e asentamentos Aeaun Mbanika - Yandina Illas Nggela Illas Russell Savo - Kusini, Reko Tulagi - Tulagi

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Categoría:Provincias das Illas Salomón