O 20 de xaneiro é o 20º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 345 días para finalizar o ano, 346 nos anos bisestos.

Acontecementos 1765 - Inaugúrase na Coruña a Academia de Agricultura, primeira de España. 1892 - No ximnasio dun colexio de Springfield, Massachusetts, xógase o primeiro partido da historia de baloncesto (inventado polo canadense James Naismith). 1921 - Turquía adopta a súa primeira constitución. 1958 - publícase a primeira aventura de Mortadelo e Filemón en Pulgarcito. 1986 - Richard J. Terrile descobre as lúas Ofelia e Cordelia do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. 1990 - Xaneiro Negro foi unha acción do exército soviético para deter a violencia entre armenios e azerís.

Nacementos miniatura|100px|Buzz Aldrin. 1502 - Sebastián de Aparicio, relixioso franciscano galego (m. 1600). 1554 - Sebastián I de Portugal (m. 1578). 1716 - Carlos III de España. 1758 - Marie Lavoisier, química francesa (m. 1836). 1775 - André Marie Ampère, físico e matemático francés. 1848 - Raimundo Fernández Villaverde, político español (m. 1905). 1850 - Bernardo Barreiro, historiador, xornalista e poeta galego. 1872 - Ramón Ferreiro Lago, notario e escritor galego (m. 1962). 1873 - Johannes Vilhelm Jensen, escritor danés, Premio Nobel de Literatura en 1944. 1877 - Raymond Roussel, escritor francés (m. 1933). 1879 - Víctor Castro Rodríguez, xornalista e escritor galego (m. 1942). 1891 - Manuel Castro Gil, gravador e pintor galego (m. 1961). 1910 - Joy Adamson, naturalista austríaca. 1920 - Federico Fellini, director de cine italiano (m. 1993). 1925 - Ernesto Cardenal, teólogo e político nicaraguano. 1930 - Buzz Aldrin, astronauta estadounidense. 1946 - David Lynch, director de cine estadounidense. 1949 - Xesús Rábade Paredes, escritor galego. 1951 - Xan Fernández Carrera, escritor galego. 1987 - Marco Simoncelli, piloto de motociclismo italiano (m. 2011).

Mortes miniatura|100px|Jean-François Millet. 1813 - Christoph Martin Wieland, escritor alemán (n. 1733). 1871 - Pierre Alexis Ponson du Terrail, novelista francés (n. 1829). 1875 - Jean-François Millet, pintor francés (n. 1814). 1900 - John Ruskin, escritor, crítico de arte e reformista inglés. 1908 - Johann Heinrich Hübschmann, filólogo alemán (n. 1848). 1911 - Manuel Felipe Quintana Ochaita, arquitecto español (n. 1842). 1922 - Camille Jordan, matemático francés. 1936 - Xurxo V, rei do Reino Unido. 1954 - Boris Gorbatov, escritor e xornalista soviético (n. 1908). 1983 - Manuel Francisco Dos Santos, "Garrincha", futbolista brasileiro (n. 1933). 1984 - Johnny Weissmüller, nadador e actor estadounidense (n. 1904). 1993 - Audrey Hepburn, actriz.

Festas e celebracións Día da toma de posesión dos presidentes electos nos Estados Unidos desde 1937.

Outros Santoral: San Sebastián e San Fabián.

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro