miniaturaminiatura A picaña é, orixinariamente, un tipo de corte de carne bovina. Recentemente, o aumento da variedade de cortes de carnes porcinas fixo xurdir a chamada picaña porcina. A picaña está localizada na parte traseira do animal.
A picaña é moi apreciada, sendo considerada nalgúns países a mellor parte da vaca. É un prato moi popular en Suramérica, especialmente no Brasil.
Orixe Algúns cociñeiros brasileiros aseguran que a picaña é orixinaria do Rio Grande do Sur, estado brasileiro coñecido polos seus churrascos.
Modos de preparación
No espeto Cando é asada no espeto, vanse cortando filetes, "pelando" a peza de carne aínda espichada no espeto, que volverá ás brasas para que se siga cociñando a parte máis interna.
Na grella Chamada picanha Brucutu no sur do Brasil, córtase a peza de carne en talladas do grosor suficiente para poder manterse verticais na grella. Ásase coa graxa na parte de abaixo, e unha vez que a graxa está suficientemente derretida e crocante, dóuranse os dous lados do filete durante 5 ou 10 segundos. Nese momento, fanse novos cortes en cada tallada, desta vez transversalmente. Dóuranse novamente os laterais e sálgase ao gusto.
A coñecida como picanha dois tombos tamén é preparada na grella. Basta con cortar filetes da peza de carne e colocalos na grella sen ningún adobo. Así que se note que a carne verte unha "suor" na parte de enriba, adóbase unicamente con sal groso e vírase.
Información nutricional
Valor calórico 323 kcal 13% Carbohidratos 1,92 g 1% Proteínas 18,99 g 38% Graxas totais 26,59 g 0% Graxas saturadas 8,67 g 35% Colesterol 51,03 mg 17% Fibras 0 g 0% Calcio 9,21 mg 1% Ferro 2,34 mg 17% Sodio 58,61 mg 2%
Obs: Valores referidos a unha porción de 100 g de carne de picaña de animais do Brasil, e porcentuais diarios referidos a unha dieta de 2.500 calorías.
Categoría:Carne e produtos cárnicos Categoría:Gastronomía do Brasil