Moho Tani (tamén Mohotani ou Motane) é unha illa das Marquesas, situada no grupo sur do arquipélago, a 15 km ao sueste de Hiva Oa.
Xeografía A illa é pequena, cunha superficie de 15 km². É de orixe volcánica, con cantís na costa e suaves ondulacións no interior. É descrita por algúns navegantes como o lombo dunha balea. A altitude máxima é de 520 metros.
Historia
Nalgún momento a illa foi habitada por un clan chamado o "moi a Tiu", pero a poboación foi varrida pola enfermidade e a guerra, os poucos superviventes marcharon de Hiva'Oa. En tempos pre-europeos, a illa considerouse parte do territorio da provincia de Pepane. Foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira o 21 de xullo de 1595, e chamouna San Pedro xa que era a vixilia de San Pedro ad Vincula, onomástica do piloto maior Pedro Fernández de Quirós e do coronel Pedro Merino.Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Clarendon Press, Oxford, 1960, p.51. Os primeiros informes describen a illa como fértil, con bosques e campos.
Cando Thor Heyerdahl visitou a illa en 1938, só había unhas cantas cabras e restos de aldeas e chozas abandonadas. Hoxe en día está deshabitada, pertencendo á comuna de Tahuata. A vexetación foi destruída polos rabaños en estado salvaxe de cabras e ovellas. En 1992, a illa e as illas máis pequenas que a rodean (incluíndo Terihi) foron oficialmente protexidas na declaración da Reserva Natural Motane.
Moho Tani administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Hiva'Oa, na subdivisión administrativa das Illas Marquesas.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Illas Marquesas