miniatura|dereita|250px|Mapa da illa Pohnpei miniatura|Detailed map of Pohnpei, showing the borders of the five 'independent tribes' miniatura|Senyavin Islands (Pohnpei plus two neighboring atolls) Pohnpei "altar de pedra" (anteriormente coñecida como Ponape) é o nome dunha illa das Illas Senyavin, que forman parte do grupo máis grande das Illas Carolinas. Pertence ao Estado de Pohnpei, un dos catro estado dos Estados Federados de Micronesia (FSM). Os principais centros de poboación en Pohnpei inclúen Palikir, a capital federal dos FSM, e Kolonia, a capital do Estado de Pohnpei. A illa de Pohnpei é a máis grande (334 km²), a máis alta (case 800 metros), con maior poboación (36.000 habitantes), e a illa máis desenvolvida nos FSM. Os insulares de Pohnpei teñen a reputación de ser o máis acolledores cos estranxeiros entre os residentes do grupo de illas.
Pohnpei contén unha gran cantidade de biodiversidade. Tamén é un dos lugares máis húmidos na terra con precipitacións anuais superiores aos 7.600 mm rexistrados cada ano en certos lugares montañosos. É o fogar da árbore ka (Terminalia carolinensis) atópase só en Pohnpei e Kosrae.Nature Conservancy Magazine febreiro / marzo 2015 page 36
Xeografía O punto máis alto da illa é Monte Nanlaud en 772 ou 782 metros. Pohnpei é o fogar de varias ducias de especies de aves, incluíndo catro especies endémicas, o Trichoglossus rubiginosus, o Rhipidura kubaryi, o Myiagra pluto e o Rukia longirostra. Unha quinta endémica, o Aplonis pelzelni, pénsase que extinguiuse recentemente. Os únicos réptiles terrestres son unhas poucas especies de lagarto. Orixinalmente, existían só tres mamíferos: ratas, morcegos e cans. Introducíronse porcos, algúns agora son salvaxes, do mesmo xeito que os cervos traídos en tempos dos alemás. As lagoas son ricas en peixes, moluscos, tartarugas e outra fauna mariña.The foregoing is compiled partially from Pacific Islands Year Book, Judy Tudor, editor. Sydney: Pacific Publications. Tenth Edition, xaneiro de 1968; Eleventh Edition, xaneiro de 1972
Clima miniatura|Cidade de Kolonia mirando cara abaixo desde o Cerro Sokehs. miniatura|Distrito centro de Pohnpei, circa 1960. Pohnpei pertence a zona de Clima ecuatorial (Köppen: F). tamén é un dos lugares máis húmidos na terra cun rexistro de choiva anual superior a 7.600 mm cada ano en certas localizacións montañosas.
Historia
Os nativos de Pohnpei, especialmente as xeracións "máis vellas", refírense a miúdo a sucesos do seu pasado como sucedidos, por exemplo, nos "tempos alemáns" ou "antes dos españois", que identifica os períodos históricos do seguinte xeito:
Período Anos Período nativo Antes de 1825 Período Pre-español 1825–1886 Período español 1886–1899 Período alemá 1899–1914 Período xaponés 1914–1945 Período norteamericano 1945–1986 Período da independencia desde 1986
Os españois denominaron Ponapé á illa e ao asentamento máis importante na mesma, a súa primeira capital.
As illas Carolinas foron descubertas o 22 de agosto de 1526 polo explorador español Toribio Alonso de Salazar. O 1 de xaneiro de 1528 o descubridor Alonso de Saavedra tomou posesión en nome do Rei de España das illas de Uluti, sendo visitado o arquipélago en 1542, Illas Matelotes, 1543, 1545 e por Legazpi en 1565.
En Pohnpei atópanse interesantes ruínas dunha civilización micronesia, destacando as ruínas de Nan Madol.
Pohnpei, xunto coas Illas Senyavin, foi unha das illas máis tardiamente descubertas por Occidente: foi avistada por primeira vez polo navegante ruso Fyodor Litke en 1828, máis de dous séculos despois que o resto das Illas Carolinas. Nesta illa atopouse a principal sede de goberno das Carolinas, chamada comunmente a colonia, adxacente á capital actual, Palikir.
Tras a guerra hispano-estadounidense, Alemaña comprou a illa a España; baixo soberanía alemá, a colonia foi nomeada oficialmente Kolonia. Pohnpei foi ocupada polo Xapón durante a primeira guerra mundial, tras a cal a Sociedade de Nacións declarou que as illas Carolinas debían pasar a administración xaponesa, como débeda de guerra pola derrota alemá, xunto coas illas Marshall e as Marianas (excepto Guam, territorio estadounidense).
Durante a segunda guerra mundial a illa foi esquivada durante as campañas anfibias estadounidenses entre 1943 e 1945. As instalacións militares foron bombardeadas en varias ocasións, incluíndo os bombardeos dos barcos de batalla USS Massachusetts (BB-59) e Iowa (BB-61), así como o ataque aéreo de Cowpens (CVL-25). Ao termo da guerra, as Illas Carolinas pasaron a formar parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico.
Os Estados Federados de Micronesia obtiveron a independencia en 1986. Desde entón, Pohnpei foi un resgardado porto tropical baixo control indirecto dos Estados Unidos.
A poboación en 2001 era de 49.300 habitantes.
Illas próximas
O atol de Pingelap, situado varios centos de quilómetros ao leste de Pohnpei aínda que pertencente ao estado de Pohnpei, destaca polo alto índice de acromatopsia dos seus habitantes. Esta cegueira da cor é relativamente rara, pero aparece a miúdo en comunidades con baixa variabilidade xenética. Pingelap foi descrita no libro The Island of the Colorblind (a illa dos cegos da cor) polo neurólogo Oliver Sacks. As antigas illas artificiais de Nan Madol atópanse próximas a Pohnpei. O atol Oroluk
Política e administración
División territorial e descentralización miniatura|Mapa dos cocncellos de Pohnpei
Os concellos da illa de Pohnpei son: Kitti, no suroeste. Inclúe o Atol Ant Kolonia, norte Madolenihmw, leste Nett (illa principal, norte/centro, anteriormente incluía a capital do estado Kolonia na costa norte) Sokehs, noroeste. Tamén inclúe o Atol Pakin e Palikir, a capital nacional Uh, nordés
Lista dos concellos actuais O Estado de Pohnpei ten once municipios distribuídos do seguinte xeito: seis para a illa de Pohnpei, cinco para as illas exteriores. O municipio de Kolonia só se incorporou despois da segunda guerra mundial, apartándoo de Nett.
Municipio Localización km² 1920 1925 1930 1935 1958 1967 1970 1973 1980 1985 1994 2000 2010 Kapingamarangi Illas exteriores 1.8 300 341 378 396 404 428 369 389 508 511 473 474 350 Kitti Pohnpei Kolonia Pohnpei 1.5 Nett Nett Nett (357) Nett Madolenihmw Pohnpei 56 763 889 Mokil Illas exteriores 1.24246 236269 258 338 397 387 321 290 268 209 177 133 Nett Pohnpei 779 10161044 1201 Nukuoro Illas exteriores 1.67 159 184168 191 247 287 267 245 307 393 349 362 210 Pingelap Illas exteriores 1.75 601 601638 694 627 647 661 641 375 737 518 438 258 Sapwuahfik Illas exteriores 0.906 273 281278 295 298 401 451 408 560 564 603 640 456 Sokehs Pohnpei 623 887 Uh Pohnpei 682 763776 762
Mitos sobre Pohnpei thumb|250px|Mapa de Nan Madol na costa de Ponapé. O hipotético continente de Lemuria, formulado por científicos no século XIX, foi relacionado posteriormente con Pohnpei. As lendas xurdidas ao redor de Lemuria levaron a místicos franceses a relacionar estas lendas coas infrecuentes ruínas de Nan Madol, explicando a existencia destas ruínas como o que restaba emerxido dese hipotético continente tras un cataclismo. Posteriormente, escritores como Lovecraft e August Derleth aproveitaron tales mitificaciones para situar en Pohnpei a entrada a fantásticas civilizacións de terribles alieníxenas; nos 1960 o ufólogo Erik von Däniken afirmaba que as ruínas de Nan Madol e outras en Ponape debíanse á obra de extraterrestres.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas POHNPEI, un estado marítimo-insular no Océano Pacífico. 1. POHNPEI, uno de los cinco estados que integran la FSM. 2. POHNPEI (Islas Carolinas orientales). 3º parte. Los atolones occidentales de Pohnpei (Estados Federados de Micronesia). 4ª parte.
Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Micronesia Categoría:Illas das Carolinas