O 7 de xaneiro é o 7º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 358 días para finalizar o ano, 359 nos anos bisestos.
Acontecementos 1325 - Afonso IV de Portugal e coroado rei. 1558 - Francia toma Calais, a última posesión inglesa no continente. 1610 - Galileo Galilei observa, por vez primeira na historia, algún dos satélites do planeta Xúpiter. 1914 - A canle de Panamá é cruzada por primeira vez en barco, aínda que a inauguración oficial se atrasou ata o 15 de agosto. 1936 - O presidente da Segunda República española, Niceto Alcalá Zamora, decreta a disolución das Cortes e convoca eleccións para o 16 de febreiro. 1969 - Os bispos galegos comunican a resolución positiva do Vaticano que autoriza o uso do galego na liturxia. Xa daquela había 70 misas en marcha en galego en Galiza e tense noticias doutras en América. 1998 - Estados Unidos lanza a sonda lunar Lunar Prospector. 1989 - O príncipe Akihito, emperador do Xapón 2015 - Prodúcese un ataque terrorista contra a sede de Charlie Hebdo.
Nacementos miniatura|120px|Clara Haskil miniatura|120px|Francisco Fernández del Riego. 1502 - Gregorio XIII, papa (m. 1585). 1733 - José Febrero, escribán e notario real galego (m. 1790). 1800 - Millard Fillmore, décimo terceiro presidente dos Estados Unidos de América (m. 1874). 1855 - Raimon Casellas, escritor e xornalista catalán (m. 1910). 1862 - Lisardo Barreiro, xornalista e escritor galego (m. 1943). 1891 - Zora Neale Hurston, antropóloga e escritora norteamericana (m. 1960). 1895 - Clara Haskil, pianista suíza de origen romanés (f. 1960) 1899 - Francis Poulenc, compositor francés (m. 1963). 1903 - Beato Adán Bargielski, sacerdote católico polaco (m. 1942). 1913 - Francisco Fernández del Riego, intelectual galeguista (m. 2010). 1921 - Josué Guimarães, escritor brasileiro (m. 1986). 1922 - Jean-Pierre Rampal, frautista francés (m. 2000). 1941 - John E. Walker, químico inglés. 1968 - Iolanda Aldrei, escritora galega. 1969 - Claudia Amengual, escritora e tradutora uruguaia. 1985 - Lewis Carl Hamilton corredor de Fórmula 1 británico.
Mortes miniatura|125px|dereita|Castelao. 1325 - Don Dinís, rei de Portugal e poeta (n. 1261). 1355 - Inés de Castro (asasinada), amante do futuro rei Pedro I de Portugal (n. 1320). 1536 - Catarina de Aragón, primeira muller de Henrique VIII de Inglaterra (n. 1485). 1655 - Inocencio X, papa (n. 1574). 1934 - Xosé María Brea Segade, escritor galego (n. 1904). 1943 - Nikola Tesla, enxeñeiro e inventor serbio (n. 1856). 1950 - Castelao, no exilio de Buenos Aires (n. 1886). 1955 - Arthur Keith, anatomista e antropólogo escocés (n. 1866). 1956 - Margaret MacDonald, filósofa analítica (n. 1903). 1960 - Constantino Sánchez Mosquera, médico, xornalista e escritor galego. 1986 - Juan Rulfo, escritor mexicano (n. 1917). 1989 - Hirohito, emperador do Xapón (n. 1901). 1993 - Toshihiko Izutsu, filósofo xaponés (n. 1914). 1998 - Vladimir Prelog, químico bosníaco (n. 1906). 2006 - Heinrich Harrer, montañeiro, xeógrafo e escritor austríaco (n. 1912). 2008 - Hans Monderman, enxeñeiro e urbanista frisón (n. 1945). 2017 - Mário Soares, político portugués (n. 1924). 2018 - France Gall, cantante e modelo francesa (n. 1947). 2021 – Tommy Lasorda, beisbolista estadounidense (n. 1927).
Festas e celebracións Festa de Natal segundo o calendario litúrxico ortodoxo e copto.
Outros Santoral: San Luciano de Antioquía, mártir; San Raimundo de Peñafort; San Reinaldo de Colonia, monxe; Santa Virxinia.
Os 366 días do ano
07