As illas Austrais (en francés îles Austrais, en tahitiano Tuha´a Pae) é o arquipélago máis meridional da Polinesia Francesa, ao sur das illas da Sociedade. Tamén se denominan como illas Tubuai a partir do nome da illa máis grande. O nome de Austrais provén da súa situación ao sur de Tahití, a carón do trópico de Capricornio.

Coa excepción dos illotes María, todas as illas son de orixe volcánica, aliñadas sobre un eixo de noroeste a sueste, prolongación das illas Cook meridionais. O arquipélago consta de cinco illas habitadas máis dous grupos de illotes deshabitados nos seus extremos. Xeoloxicamente, a antigüidade das illas vai de noroeste ao sueste. As cinco illas habitadas forman cinco comunas.

De noroeste a sueste, as illas son as seguintes: Illotes María (ou illotes Hull): é un atol deshabitado. Rimatara: é a máis pequena das illas habitadas do arquipélago, e unha das últimas illas habitadas descubertas polos europeos na Polinesia. Rurutu: historicamente tamén chamada Oheteroa e Hitiroa. Tubuai: é a illa máis poboada e o centro administrativo e económico do arquipélago. Raivavae: tambiém chamada Vavitu. Rapa Iti: «a pequena Rapa», para distinguila de Rapa Nui, «a gran Rapa», nome da illa de Pascua. Marotiri (ou illotes de Bass): están deshabitados.

Debido á situación xeográfica, o clima é máis fresco que o habitual na Polinesia. A poboación total é de 6.386 habitantes (censo de 2002).

As illas Austrais fóronse incorporando nos Establecementos Franceses de Oceanía entre 1880 e 1889, como reacción ao protectorado británico das veciñas illas Cook. Hoxe en día forman un distrito administrativo da Polinesia Francesa.

esquerda|300 px|Mapa das Illas Austrais

Referencias

Ligazóns externas Páxina oficial Páxina oficial, municipios con mapas

Categoría:Illas da Polinesia Francesa